HomeA CoruñaO concello mellora a rede viaria no núcleo de Adrán 

O concello mellora a rede viaria no núcleo de Adrán 

- Anuncio -spot_img

O investimento supera os 20.000 euros.

Dentro do continuo desenvolvemento do plan municipal de mellora e mantemento da rede viaria, o Concello está a executar unha actuación no núcleo de Adrán da parroquia de Montemaior.

As obras principiaron coa limpeza das cunetas e o acondicionamento dos bordes da calzada, incluíndo melloras na rede de recollida de augas pluviais. No día de hoxe comezouse a estender o aglomerado asfáltico en quente co que se renovará a superficie de rodadura dos vehículos. Concluirase co pintado das marcas viarias correspondentes para reforzar a seguridade.
Este proxecto supón un investimento superior aos 20.000 euros.

A conservación do bo estado das estradas de titularidade municipal é cuestión prioritaria na xestión do goberno local por implicar que se faciliten as comunicacións rodadas e os accesos aos máis de trescentos núcleos de poboación rural existentes.

Publicacións Relacionadas