Home A Coruña O Concello organiza o primeiro Encontro de Emprendemento para impulsar o emprego...

O Concello organiza o primeiro Encontro de Emprendemento para impulsar o emprego e a actividade económica na cidade

- Anuncio -

O evento está destinado a todo o público interesado, ademais de persoas emprendedoras e entidades que apoien os seus proxectos

O Concello da Coruña, a través do seu Departamento de Promoción Económica e Comercio, organiza a vindeira fin de semana o primeiro Encontro de Emprendemento. O obxectivo desta xornada será impulsar e reactivar a actividade emprendedora na cidade. O evento terá lugar no mercado de San Agustín o sánado 1 de outubro, en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Con este encontro, o Goberno de Inés Rey busca crear un grande expositor do ecosistema emprendedor local e dos proxectos en marcha na actualidade. Trátase dun espazo de encontro conxunto para promocionar e promover a cultura do emprendemento e crear un ambiente propicio para a aparición e o desenvolvemento de novos proxectos emprendedores.

No I Encontro de Emprendemento do Concello da Coruña búscase dar a coñecer os recursos existentes no ámbito municipal, tanto para a posta en marcha de novas iniciativas como ideas de negocio desenvolvidas con éxito. O evento está destinado a todo o público interesado, ademais de persoas emprendedoras e entidades que as apoien.

Durante toda a xornada, as entidades que traballan no ámbito do emprendemento terán a posibilidade de dar difusión aos recursos existentes na cidade para a posta en marcha de novos proxectos empresariais. As entidades presentes serán: AJE Coruña – Asociación de Jóvenes Empresarias y Empresarios de la provincia de A Coruña, AECO – Asociación de Empresarias de A Coruña, ATA Galicia – Asociación de trabajadores por cuenta propia de Galicia, Cámara de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de A Coruña, Concello da Coruña (Departamento de Promoción Económica), ONGD Ecos do Sur, Fundación Mujeres, Fundación RONSEL, UDC – Universidade da Coruña (Vicerrectorado de Estudantes, Participación e Empregabilidade) e a Unión de Cooperativas Espazocoop.

Así mesmo, participan no I Encontro de Emprendemento 20 proxectos emprendedores da Coruña, de recente creación, e que foron asesorados por estas entidades. Estes proxectos desenvolven actividades que abarcan desde o comercio, novas tecnoloxías ou servizos á comunidade, entre outros. Trátase de Acrux, Arela Saúde, Bima, Bsalus, Ceus App, Coffee Labora, El vino del mes, Elcano Solar, Mala Herba Producións, Marea Psicología, Maresía Comunicación, Mutä, Ola Matrona, Qaroní, Ruteart, Tako Group, The Cobardes, Travel Live Van, 50 Eat e Pablo Sanchez Otero Guitars.

Os proxectos participantes poderán ser candidatos a un premio que se entregará ao remate da xornada, e que consiste na asistencia e participación no evento Innpulso Emprende en representación do Concello da Coruña. Este evento celébrase en Valencia o 14 de outubro.
Ademais, tamén terá opción de participar na VLC Startup Market, que se desenvolverá na mesma cidade, os días 15 e 16 de outubro.

PROGRAMA
10:00 Acto de inauguración e apertura ao público
10:00 a 19:00 Visita a stands e contactos coas entidades colaboradoras e proxectos emprendedores participantes. Accións de asesoramento/consulta/mentoría: as entidades poden atender consultas durante toda a xornada do encontro, no espazo habilitado para iso.
10:30 a 12:00 Encontros Conecta 2×5. Encontros entre 25 empresas do tecido empresarial da Coruña para ampliar a súa rede de contactos (require inscrición previa). (Actividade realizada por AJE Coruña)
11:30 a 12:30 Café-networking. Pausa-café para fomentar as relacións entre as persoas que participan no encontro, en representación de entidades e de proxectos emprendedores.
12:45 a 13:45 Xornada informativa: Galicia, camiño emprendedor. Metodoloxía do programa de mentoría para persoas emprendedoras a través do Camiño de Santiago. Relator: Luís García Deber. Fundación Ronsel
14:30 a 15:30 Xantar-networking. Pausa-xantar para fomentar as relacións entre as persoas que participan no encontro, en representación de entidades e de proxectos emprendedores.

16:00 a 17:30 Encontros Conecta 2×5. Encontros entre 25 empresas do tecido empresarial da Coruña para ampliar a súa rede de contactos (require inscrición previa). (Actividade realizada por AJE Coruña)
16:45 a 18:00 Mesa Redonda – Experiencias emprendedoras. Experiencias emprendedoras desenvolvidas na cidade, con diferente recorrido empresarial e contadas en primeira persoa
18:30 a 19:00 Elección do proxecto gañador do I Encontro de emprendemento e entrega do premio (consistente na participación no evento Innpulso Emprende en representación do Concello da Coruña)
19:00 Peche do I Encontro de emprendemento

Durante o encontro, programa de radio en directo desde o propio mercado, coa participación de entidades e proxectos emprendedores participantes.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas