Home A Coruña O Concello promove a quinta velada de boxeo Coruña en Loita, que...

O Concello promove a quinta velada de boxeo Coruña en Loita, que terá lugar o vindeiro sábado 16 de novembro

- Anuncio -

O evento, cuxas entradas xa están á venda, contará co seu primeiro combate profesional feminino
O Frontón de Riazor acollerá o vindeiro sábado 16 de novembro a partir das 19.30 horas a quinta velada de boxeo Coruña en Loita, que organiza a escola de boxeo Azteca Box e conta coa colaboración do Concello da Coruña. As entradas para o evento xa están á venda en Azteca Box, Atkinson Barber Shop e Don Adolfo.
“O Goberno de Inés Rey segue amosando o seu apoio ao deporte local, permitindo a programación de eventos de éxito como estas veladas organizadas por Azteca Box e que terá lugar nun recinto municipal como o Frontón, cunha ampla historia neste deporte”, apuntou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. O prezo das entradas será de 14 euros en cadeira a pé de cuadrilátero e de 12 euros en bancada.

Haberá un total de once combates e tres eventos principais, de carácter profesional. A loita principal será entre Dani Moikoko e Fernando Heredia. Ademais, nesta velada disputarase o primeiro combate profesional feminino do evento coruñés, cunha pelexa entre Keylin Maradiaga e Nevena Markovic. Por outra banda, tamén loitarán Álvaro Pampín e Xabi Abial na categoría semiprofesional Neo Pro.
Velada en Fight Factory

Por outra banda, este sábado 9 de novembro a partir das 19.00 horas tamén haberá unha velada no ximnasio Fight Factory, para disputar as finais do Campionato de Galicia Afeccionado con tres enfrontamentos, catro combates afeccionados da categoría Elite e tres eventos principais.
Haberá dous combates profesionais. O primeiro será a catro asaltos na categoría Superpluma entre Wilson Tabares e Roberto Ogas, mentres que o segundo será a seis asaltos na categoría Welter entre Olmo de Paz e Brian Ávila. Tamén se desenvolverá o Campionato Galego Neo Pro entre Yago Remo e Nono Jiménez.
“As entidades deportivas da cidade teñen ao longo do ano unha actividade frenética que dinamiza o noso tecido deportivo e así o amosa Fight Factory con eventos de gran relevancia autonómica como o do sábado”, indicou Manuel Vázquez.

Relacionadas

A Concellaría de Medio Ambiente organiza unha xornada de formación sobre produción de castañas

0
A Concellaría de Medio Ambiente organiza unha xornada de formación sobre produción de castañas, unha iniciativa na que contamos coa colaboración da Asociación Galega...

O concello de Carral organiza unha visita guiada polo sepulcro tardorromano de Paleo

0
• Será realizada polo arqueólogo Antón Malde e terá lugar este sábado, 9 de novembro, desde a Casa da Cultura ata a igrexa de...

A creación dun xardín no Pazo de Baldomir, proposta gañadora dos orzamentos participativos

0
· A proposta, que se incorporará nas partidas do orzamento municipal para 2025, foi seleccionada entre as 13 opcións viables presentadas. · Catro persoas coincidiron...

A Coruña, o ‘turismo da moda’ e a potencia da industria téxtil galega, protagonistas...

0
O evento, presentado hoxe no centro empresarial ACCEDE Papagaio polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, rendeu homenaxe ao falecido e recoñecido deseñador...

Neda proxectará o vindeiro xoves o documental que conmemora o 30 aniversario do movemento...

0
Neda será un dos 25 municipios da provincia nos que se estreará “Bravú XXX", documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario...

Un novo equipo con 13 bombeiros voluntarios parte a Valencia para apoiar na resposta...

0
O equipo dará o relevo aos 12 efectivos que dende o luns se atopan colaborando na Comunitat Valenciana en diferentes tarefas e municipios O Concello...

Publicacións Relacionadas