Home A Coruña O Concello reurbaniza a rúa Jorge Borrow mellorando a súa accesibilidade

O Concello reurbaniza a rúa Jorge Borrow mellorando a súa accesibilidade

- Anuncio -

Estanse a ampliar as beirarrúas e crearase un novo paso de peóns no cruzamento coa rúa Nebrija

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, está a levar a cabo traballos de mellora na rúa Jorge Borrow. O obxectivo é mellorar a accesibilidade da rúa mediante a súa reurbanización completa.

A actuación consistirá na ampliación das beirarrúas en ambas as marxes e a creación dun novo paso de peóns no cruzamento coa rúa Nebrija. Ademais, os dous pasos de peóns de Jorge Borrow quedarán elevados, o que suporá unha importante mellora en materia de accesibilidade na contorna.

Aproveitando os traballos de reforma da rúa levarase a cabo a renovación da rede de saneamento e instalarase a rede de canalización municipal en ambas as beirarrúas. O novo pavimento será de terrazo e na calzada serán lousas de formigón pintadas de negro nas zonas de paso de peóns. Manterase a praza de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida, que ficará localizada na marxe esquerda.

“Con esta actuación o Goberno de Inés Rey continúa a mellorar a mobilidade nos distintos barrios a través de actuación que supoñen un claro avance en termos de accesibilidade”, sinala Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade. O Concello inviste nesta actuación 98.000 euros e está previsto que os traballos rematen no mes de abril.

O Goberno municipal tamén finalizou recentemente o carril bici que conecta a avenida de Fisterra entre o paseo das Pontes e Jorge Borrow. Esta estrutura, en sentido saída cidade, supón a ampliación da rede ciclable na cidade, que xa supera os 50 quilómetros en total.

Ademais, tamén se levaron a cabo traballos de renovación do pavimento na contorna, concretamente na avenida de Fisterra.

Relacionadas

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

Publicacións Relacionadas