Home Baixo Miño A Guarda Segunda Edición do Tardeo, actividades diversas para a mocidade

Segunda Edición do Tardeo, actividades diversas para a mocidade

- Anuncio -

Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello da Guarda, presenta diferentes actividades levadas a cabo polas asociacións da vila, para dinamizar o tempo de ocio de, principalmente, a poboación nova do municipio.

As actividades propostas son tan diferentes como as propias entidades xa que contamos cun nutrido abanico de tecido asociativo, con ganas de participar e ofertar á poboación novas alternativas e propostas atractivas.

As accións programadas son:

– MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN – SAN XEROME- AULA NO CENTRO SAN XEROME- 10 MAIO 19:00 A 21: 00 HORAS

– OBRADOIRO ESCRITURA CREATIVA – FOCO- CENTRO CULTURAL- 24 DE MAIO – HORARIO 18:30 A 20:00 Horas

– APLICACIÓNS EN CROCHÉ – VENTO MAREIRO- AULA ANTIGO SINDE SEGUNDA PLANTA ENCIMA DO ALBERGUE MUNICIPAL- 25 MAIO HORARIO 16:30 A 18:00 HORAS

– BOLSIÑO DE MACRAMÉ- ENREDÉMONOS – ÉRGUETE BAIXO MIÑO – AULA SITUADA NO CONCELLO- 1 XUÑO – 17:00 A 20:00 HORAS

– EMBÁRRATE! CREA A TÚA PEZA EN CERÁMICA- AVELAÍÑA- SEDE AVELAÍÑA – 8 XUÑO 10:00 A 13:00 HORAS

As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade. 

Levaranse a cabo nas sedes das entidades agás as de Érguete e FOCO que utilizarán espazos municipais.

A inscrición nos obradoiros terá que facerse na OMIX da Guarda preferiblemente por mail ao enderezo informacion@aguarda.es  deixando os datos persoais e de contacto e indicando as actividades nas que se solicita praza por orde de preferencia.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas