Home A Coruña O goberno municipal obstaculiza o acceso á información sobre a UA16 de...

O goberno municipal obstaculiza o acceso á información sobre a UA16 de Vilaboa

- Anuncio -
  • O Goberno Municipal ten a obriga de pór a disposición da oposición toda a documentación dende a convocatoria de Pleno.
  • O Alcalde asina a convocatoria a última hora do venres, e non se disponibilizan electrónicamente todos os documentos existentes.
  • O feito de ter de asistir presencialmente ao Concello en horario laboral para a consulta do expediente enteiro, obstaculiza o seu estudo por parte da oposición.

O vindeiro mércores celebrarase o Pleno Extraordinario sobre a situación da Unidade de Actuación 16 (UA16), en Vilaboa, que é motivo de varias causas xudiciais derivadas dos enganos sofridos polos antigos propietarios dos terreos.

Dada a grande complexidade do asunto a tratar, o volume de información é moi importante, e parte dela, contra o sinalado polo Regulamento de Ordenación Municipal (ROM), aínda non foi posto a disposición do conxunto de concelleiros e concelleiras da Corporación.

O artigo 73 do ROM sinala que “toda a documentación dos asuntos incluídos na orde do día […] deberá estar a disposición dos membros da Corporación desde o mesmo día da convocatoria na Secretaría da mesma. Calquera membro da Corporación poderá, en consecuencia, examinala e mesmo obter copias”.

Malia isto, a convocatoria faise a última hora do venres, sendo asinada polo Alcalde ás 14.45h., para así obstaculizar o exame da mesma durante o máximo tempo posíbel, e só se pon dixitalmente a disposición da oposición unha parte da documentación, tendo que acudir os membros da oposicion a consultar a documentación en papel ás dependencias municipais en horario de oficina e por tanto de traballo sen facilitar alternativas.

O BNG de Culleredo lamenta estes “trucos de trilero” do Sr. Rioboo, que parece non lembrar aquelas promesas súas de “restaurar a transparencia na administración municipal”, e demanda a posta a disposición por medios electrónicos de toda a documentación.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas