O Grupo Municipal Popular de Oleiros levará ao pleno ordinario deste xoves, día 26, unha moción para manifestar o compromiso do Concello na defensa do litoral e esixir ao Goberno de España transparencia e lealdade institucional #ante a anunciada modificación do Regulamento Xeral de Costas.
A iniciativa xorde despois de que o pasado 4 de febreiro o Goberno central iniciase o trámite de consulta previa para modificar o Regulamento Xeral de Costas, aprobado polo Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, publicando o inicio do proceso na web do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico sen aviso previo/previo aviso ás comunidades autónomas con competencias na xestión e ordenación do litoral nin aos axentes sociais e económicos afectados.
Desde o Grupo Municipal Popular considérase “especialmente preocupante” que se fixou o prazo mínimo legal de 15 días para presentar alegacións —finalizado o pasado 19 de febreiro— e que a documentación achegada na consulta pública previa sexa “xenérica e imprecisa”, sen concretar o alcance real das modificacións que o Goberno pretende introducir na normativa.
Os populares denuncian a “falta de lealdade institucional, o escurantismo e a ausencia de transparencia” nun asunto que afecta directamente a miles de persoas que viven e traballan na costa, así como a numerosos sectores económicos vinculados ao dominio público marítimo-terrestre.
Na moción que será defendida no pleno, o Grupo Municipal Popular solicita o apoio de toda a Corporación para que o Concello manifeste formalmente o seu compromiso de defender o litoral, por ser un elemento crave para o desenvolvemento económico e social do municipio.
Así mesmo, ínstase o Goberno de España a remitir á Xunta de Galicia a documentación relativa ao expediente de infracción INFR (2022) 4121, a ampliar o prazo da consulta pública previa e a detallar o alcance real da modificación do Regulamento de Costas, co fin de poder formular alegacións fundamentadas que atendan á realidade do municipio.
A iniciativa tamén reclama a convocatoria de todas as reunións necesarias cos sectores afectados e particulares, para evitar que se impulse unha regulación “afastada da realidade e deseñada desde un despacho”.
Por último, o Grupo Municipal Popular defende que, antes de modificar o regulamento, procédase a reformar a Lei de Costas, tras manter as reunións oportunas cos concellos e os axentes económicos e sociais implicados, co obxectivo de adecuar a normativa á realidade social actual, tanto dos profesionais que desenvolven a súa actividade en terreos de dominio público marítimo-terrestre como de particulares e asociacións
que poidan verse afectados.
O Grupo Municipal Popular confía en que o resto de formacións políticas apoien esta moción no pleno do xoves 26, en defensa do litoral de Oleiros e dos intereses dos seus veciños.



