HomeA CoruñaO grupo municipal socialista critica que o incremento da achega da Xunta...

O grupo municipal socialista critica que o incremento da achega da Xunta pola capitalidade “segue por debaixo do que se aportaba en 2009”

- Anuncio -spot_img

Gumersindo Guinarte considera que o aumento previsto pola Xunta para 2026 non compensa o atraso acumulado e mantén á capital galega con menos recursos dos que recibía hai máis dunha década.

O voceiro do grupo municipal socialista en Santiago, Gumersindo Guinarte, cualificou de “claramente insuficiente” o incremento anunciado polo Partido Popular da achega que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2026 destinarán á cidade en virtude da Lei do Estatuto de Capitalidade.

Segundo explicou, o Goberno galego prevé aumentar en 400.000 euros a cantidade asignada, unha subida que, ao seu xuízo, non responde ás necesidades reais da capital galega nin ao que determinaron estudos académicos. “É unha cantidade claramente insuficiente, eu diría incluso que é unha cantidade pírrica. Unha cantidade que está por debaixo, moi por debaixo, do que os informes da Universidade de Santiago estableceron como que era a cantidade razoable que os orzamentos de Galicia debían aportar a Santiago de Compostela”, sinalou.
Guinarte lembrou ademais que a cifra proposta pola Xunta “queda aínda por debaixo da que a Comunidade Autónoma aportaba a Santiago de Compostela no ano 2009, precisamente cando a Xunta de Galicia pasou a mans do Partido Popular”.
“Despois de 15 anos, a Xunta de Galicia propón aportar menos a Santiago do que xa aportaba no ano 2009. Fai máis de 15 anos. Esta Xunta de Galicia do Partido Popular non respecta a capital de Galicia”, concluíu o voceiro socialista.

Publicacións Relacionadas