Home A Coruña O Grupo Socialista non descarta que as negociacións se alonguen porque “é...

O Grupo Socialista non descarta que as negociacións se alonguen porque “é importante reflexionar e buscar fórmulas pondo o interese de Compostela por enriba de todo”

- Anuncio -

O Grupo Socialista considera “imprescindible “facer un exercicio de reflexión e valoración” para poder chegar a un acordo de goberno “tendo moi presente que o noso interese é o presente e futuro de Compostela”, polo que non descarta que as negociacións se alonguen máis alá do 17 de xuño
Rosón confirma que se facilitará a investidura de Goretti Sanmartín: “creo que a cidadanía non entendería outra cousa”.

O Grupo Socialista considera “imprescindible “facer un exercicio de reflexión e valoración” para poder chegar a un acordo de goberno “tendo moi presente que o noso interese é o presente e futuro de Compostela”; polo que non descarta que as negociacións continúen máis alá do día 17 de xuño, día en que está prevista a investidura da nova Corporación. Aseguróuno Mercedes Rosón, nas declaracións posteriores á reunión sobre a formación do próximo executivo municipal, na que tamén estiveron presentes Xaquín Fernández Leiceaga, Mila Castro e Sindo Guinarte. “Hai unanimidade para tomar a decisión que se teña que tomar”, engadiu, “e temos moi clara a nosa folla de ruta”.

Iso si, Mercedes Rosón confirmou, igual que fixo o luns o alcalde en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, que o Grupo Socialista facilitaría, co seu voto, a investidura de Goretti Sanmartín. “Creo que a cidadanía de Compostela non entendería outra cousa”, sinalou.

20230601 Audio_Roson_investidura

“Somos moi conscientes”, continuou “da situación na que nos colocou a veciñanza de Compostela. Estamos nunha situación de paridade, de igualdade numérica, co BNG. Sabémolo nós e sábeno eles. Lembrou que os pactos “aos que chegamos no pasado, precisamente co BNG, non se resolveron, moitos deles, antes do pleno de constitución. Polo tanto, cremos necesaria unha reflexión. “Nós teremos que tomar decisións e buscar fórmulas que nos permitan enfrontarnos ao futuro mirando sempre a Compostela” e contando sempre con Santiago, “pondo o interese da nosa cidade por enriba de todo”.

20230601 Audio_Roson_intereses cidade

Rosón informou que esta reunión cos catro primeiros candidatos do BNG foi unha primeira toma de contacto, “moi cordial”, “para ver, para explorar, e para pór enriba da mesa os fundamentos do que queremos, do que esperamos, e do que reflexionamos nós conxuntamente, sobre a situación actual do concello e todo o que está pasando neste momento”; e que xa está prevista outra xuntanza para principios da semana que ven.

“Puxemos hoxe moitas cousas enriba da mesa”, subliñou. “Cuestións que para nós son fundamentais”, como o modelo de cidade, que compartimos nunha parte importante pero no que temos que seguir avanzando”. Pero hai outros temas, engadiu Rosón, “dos que agora non toca falar porque son froito de debate; e as negociacións que imos levar a cabo precisan de certa serenidade e certa discreción, porque así se pacta mellor ”.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas