Home A Coruña O Pacto Social por unha Coruña contra as Violencias Machistas pecha a...

O Pacto Social por unha Coruña contra as Violencias Machistas pecha a súa segunda fase con máis de 120 entidades adheridas

- Anuncio -

Este tramo da iniciativa centrouse en catro grupos de interese: o tecido asociativo, os medios de comunicación, a hostalaría e o lecer nocturno

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, participou esta tarde no acto de peche da segunda fase do Pacto Social por unha Coruña contra as Violencias Machistas, ao que se sumaron 120 entidades da cidade e máis de 1.500 persoas
a título individual.

O acto serviu para presentar os resultados das iniciativas desenvolvidas nesta segunda fase, na que se levaron a cabo accións de mobilización, información e participación en distintos barrios da cidade, así como accións formativas dirixidas a catro grupos de interese que “teñen unha grande importancia estratéxica para a cidade e gran capacidade de influír nas nosas vidas”, destacou Neira, “como son o tecido asociativo, os medios de comunicación, a hostalaría e o lecer nocturno”.

A concelleira destacou a importancia do pacto como unha das ferramentas fundamentais do compromiso do Goberno municipal coa loita contra a violencia machista e lembrou outras iniciativas como a posta en marcha dos puntos violeta, polos que pasaron máis de 2000 persoas este verán e os ‘Ciclos de conversas’ no marco de datas conmemorativas como o 8 de marzo ou o 25 de novembro, nas que participaron case 3.000 persoas, na súa maioría adolescentes e mozas en idade de Educación Secundaria, así como tamén estudantes de ciclos de Formación Profesional.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas