O partido da final do Mundial visionarase dende a praza do Concello de Ribeira

Redacción

 Nesta ocasión instálase coa colaboración da Dorna para contemplar tamén as carrilanas

Ribeira volverá contar cunha pantalla de grandes dimensións para seguir a España no Mundial; selección que disputará a final contra Arxentina no domingo, 19 de xullo, ás 21.00 horas. O visionado deste partido levarase novamente á praza do Concello. Nesta ocasión, colabórase coa Real e Ilustre Cofradía da Dorna, ao ter tamén a pantalla para as carrilanas. Compártese así para ambas actividades: primeiro, as carrilanas e, posteriormente, o partido.

A Administración local ribeirense xa aplicou esta medida para xerar un punto de encontro da cidadanía arredor do deporte, concretamente, nas últimas fases do Mundial con España nos cuartos e nas semifinais.

Comparte este artigo