Home A Coruña O POS+2023 inclúe máis de dous millóns de euros de investimento para...

O POS+2023 inclúe máis de dous millóns de euros de investimento para seguir mellorando os servizos na zona rural

- Anuncio -

As obras máis importantes serán a rede de abastecemento de auga dende A Canosa ata Entrecruces e o aglomerado da estrada de Arnados a Sambade

O primeiro pleno do 2023 será tamén un dos máis importantes do ano, porque a corporación municipal aprobará o POS+, o plan de investimentos que achega fondos a cada concello da provincia en función do seu esforzo fiscal, a poboación, o número de parroquias ou a superficie. Con estes criterios obxectivos, Carballo xestionará este ano tres millóns de euros.

A maior parte desta cantidade permitirá seguir mellorando os servizos na zona rural. Evencio Ferrero, que informou sobre os asuntos do pleno acompañado pola concelleira de Planificación Urbana e Contratación, Milagros Lantes, relacionou os investimentos que se acometerán con eses fondos:
POS+2023

• Rede de abastecemento de auga potable dende A Canosa (Rus) ata Entrecruces: 632.306,75 euros
Plan complementario
• Mellora da capa de rodaxe na vía de Arnados (Razo) a Sambade (Rebordelos): 576.614,01 euros
• Mellora da capa de rodaxe da vía dende Pereiro Vello ata Outón (Rus): 391.787,88 euros
• Rede de abastecemento de auga potable aos núcleos do Espiño, Ramil, O Piñeiro e Goiáns de Arriba: 221.208,87 euros
• Execución da rede de pluviais nas rúas Bronce, Ferro, Cobre e Lousa, do parque empresarial de Bértoa: 353.476,44 euros
O Plan Único da Deputación tamén permite destinar unha porcentaxe a gasto corrente, e, como apuntou o alcalde, no noso concello será a máxima: 671.559,61 euros. Carballo utiliza sempre esta opción para poder liberar eses fondos dos orzamentos municipais para acometer outras infraestruturas e deste xeito axilizar a tramitación dos investimentos.

O POS+ tamén ten unha parte social, derivada das necesidades que xerou a pandemia, e no caso de Carballo suporá unha achega de 195.871,55 euros que se destinarán, tal como explicou o alcalde, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas