Free Porn
xbporn
Home A Coruña O público pobrense aproximouse á dama do teatro francés a través do...

O público pobrense aproximouse á dama do teatro francés a través do libro A Única, Maria Casarès

- Anuncio -

María Victoria Casares Pérez nace na Coruña no 1922 e trasládase coa súa familia a Madrid en 1931, onde comeza a facer teatro. Tralo golpe de Estado, exíliase coa súa nai a París. Na ‘cidade da luz’, Maria Casarès converterase nunha das actrices máis admiradas de toda Francia, tanto do teatro coma do cine, e musa de directores como Marcel Carné, Robert Bresson ou Jean Cocteau.

A biografía A Única, Maria Casarès, escrito por Anne Plantagenet orixinalmente en francés, traduciuse ao galego da man de Isabel Soto xunto coa editorial Kalandraka. O resultado é un volume de 256 páxinas que lle permiten ao lector coñecer a unha das grandes actrices europeas do século XX no seu idioma materno. E o público pobrense tivo ocasión de saber máis da súa vida e traxectoria coa presentación que tivo lugar na tarde deste venres 18, no auditorio da biblioteca municipal, dentro da programación das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

“Recuperamos así a unha das nosas grandes intérpretes. A guerra civil e o franquismo ocasionou que España quedase orfa de artistas e intelectuais, obrigándoos a que emprendesen o duro camiño do exilio: unha partida forzada por defende-los ideais de liberdade, xustiza e democracia. E aquí temos o exemplo de Maria Casarès, filla de Santiago Casares Quiroga, xefe do Goberno da Segunda República”, manifestou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo. Segundo declarou, “agora, a través deste libro, podemos segui-las súas pegadas, saber máis sobre María Victoria, esclarecer quen era exactamente Maria Casarès. E co texto en galego, posibilitar, dalgún xeito, o seu regreso a Galicia.” Con relación ao recoñecemento desta actriz na súa terra, a edil engadiu que, se ben hai os Premios de Teatro María Casares, “aínda queda moito por facer para outorgarlle o lugar que merece no panorama cultural galego e español. E aquí tamén xoga un papel fundamental a creación literaria arredor da súa figura.”

Para falar de María Casares e do libro tamén estivo a actriz Berta Ojea, Premio Mestre Mateo 2023 pola serie Rapa. Ademais de compartir profesión e paixón polas artes escénicas, ambas compartiron tempo, pois coñecéronse en París. A titular de Cultura referiuse a Ojea como “unha actriz polifacética como podemos constatar nos diversos papeis interpretados ao longo da súa carreira. Cine, dramaturxia, televisión, curtas, teatro musical… E todo isto ten como resultado unha rica e dilatada traxectoria profesional. E quen mellor para falar de Casares ca unha das nosas grandes actrices que, ademais, tratou con ela.”

E, sobre o vínculo entre María Casares e Ramón del Valle-Inclán, disertou o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González. Ambos coñecíanse debido á amizade do literato co pai da actriz, pero tamén os unía a dramaturxia: xa no exilio, Casares interpretou Divinas palabras, en Bos Aires.

As actividades ao abeiro do outubro valleinclaniano continúan nesta fin de semana na Pobra do Caramiñal. Unha das principais novidades desta edición, Café con L, desenvolverase no sábado 19, ás 17.30 horas, A sala de iconografía da institución museística converterase nun parladoiro mediante lecturas e conversas arredor do escritor degustando café con doces. Aínda quedan prazas dispoñibles que se poden reservar a través do teléfono de contacto 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

E a compañía MyH Producciones subirá ás táboas do teatro cine Elma no domingo 20, ás 19.30 horas, para representar Luces de bohemia.

Relacionadas

Abegondo dinamiza o Samaín cunha camiñada á luz das lanternas este venres

0
• Baixo o título ‘Camiño dás Ánimas’, os asistentes poderán gozar dun roteiro nocturno por Beche con espectáculo de lume e maquillaxe. O Concello de...

O Concello da Coruña celebra o Día das Bibliotecas con obradoiros e actividades de...

0
Durante esta semana, a rede de bibliotecas municipais acollen iniciativas baixo o título ‘Por un futuro sostible’ orientadas á concienciación cidadá A Rede de Bibliotecas...

O Concello impulsa unha serie de visitas guiadas os primeiros días de novembro para...

0
· As persoas interesadas poderán facer a inscrición no Museo do Encaixe. O Concello de Camariñas impulsa unha serie de visitas guiadas do 1 ao...

San Sadurniño volve participar este ano no certame ambiental Vilas en Flor

0
O xurado do certame organizado pola Fundación Juana de Vega, ASVINOR e AGAEXAR visitou onte o municipio para facer a avaliación de campo da...

A Reserva de Biosfera, presente no VII Congreso Nacional de Ecoturismo como un dos...

0
● O vicepresidente da entidade e alcalde de Paderne, Sergio Platas, e o Director do PSTD, Diego López, participaron hoxe nunha exposición oral de...

Presentación dos cursos Cemit para novembro

0
Presentación dos cursos Cemit para novembro  Ribeira 23 de outubro de 2024  Hoxe pola mañá procedeuse por parte do segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, á...

Publicacións Relacionadas