test
Home A Coruña O xoves remata o prazo para que os cidadáns soliciten os bonos...

O xoves remata o prazo para que os cidadáns soliciten os bonos de “Eu Merco na Laracha” e as empresas se adhiran ao programa

- Anuncio -

O Concello destina por segundo ano 40.000 euros a esta iniciativa dirixida a subvencionar as compras para reactivar e dinamizar o comercio local.

Este xoves rematará o prazo para que calquera persoa empadroada no termo municipal da Laracha e maior de dezaoito anos de idade solicite a súa participación no programa Eu merco na Laracha que impulsa o Concello por segundo ano consecutivo co propósito de dinamizar e reactivar o comercio local. Tamén conclúe o xoves o período para que as pequenas e medianas empresas do termo municipal de calquera actividade comercial (incluídas as do sector servizos) se sumen a esta iniciativa.

Para facelo é preciso rexistrarse cubrindo en liña o formulario que está dispoñible na web www.eumerconalaracha.alaracha.gal ou ben de forma presencial no Edificio Administrativo da Laracha.
Eu merco na Laracha consiste nunha campaña de bonos que se porán a disposición da cidadanía para empregar nos establecementos adheridos, subvencionando así as compras para beneficiar a economía da veciñanza, fortalecer os negocios locais e fomentar o consumo de proximidade nos sectores comerciais, hostaleiro, cultural, educativo, salóns de peiteado e beleza, taxis, etc.

O formato de presentación será unha chequeira por valor de trinta euros que conterá tres bonos de dez euros. Cada un deles será independente e poderá empregarse para descontar por cada gasto de vinte euros nas compras, consumos ou servizos nos establecementos ou actividades adheridos (por vinte euros de gasto descontaríase un bono, por corenta euros, dous, e por sesenta euros, tres).

Do mesmo xeito que na primeira edición do programa, o Concello destina neste ano a esta iniciativa 40.000 euros para repartir un total de 1.333 chequeiras. No caso de que se rexistren máis solicitudes que bonos dispoñibles, para adxudicalos faríase un sorteo mediante un sistema electrónico de elección automática e aleatoria.

Relacionadas

A avenida Alcalde Juan Bautista Santos Ramos xa é unha realidade

0
· Sandra Insua descubriu hoxe a nova placa, despois de que se aprobara nun pleno extraordinario a proposta do goberno local. · A rexedora destacou...

Ponteceso iza as súas treis bandeiras azuis nas praias de Balarés, Ermida e Osmo

0
Esta mañá foron izáronse no Concello de Ponteceso as bandeiras azuis correspondentes ás praias de Balarés, Ermida e Osmo.   No acto celebrado en Balarés participaron...

O Grupo Municipal Socialista insta á Xunta a paralizar as obras da senda ciclista...

0
Logo dun encontro coa asociación veciñal de Conxo Aberto aseguran que, logo de comezar as obras, “está demostrando que é unha actuación agresiva que...

Donaya Market abre as súas portas na Coruña

0
● A súa oferta gastronómica, enfocada na cociña asiática, aúna tapas e ramén. ● O local sitúase no centro da cidade na rúa San Andrés...

Un ano de caos e desgoberno en Culleredo: un ano tirado ao lixo

0
A falta de vontade de traballo evidénciase na deficiente prestación de servizos e na absoluta desatención das necesidades veciñais. O goberno municipal segue sen presentar...

Choque frontal na estrada AC-416 á altura do cruce da rúa Olveiras, en Carballo

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados ás 01:39 da madrugada de onte dun accidente de tráfico na estrada AC-418 á...

Publicacións Relacionadas