Home A Coruña Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I...

Once centros de estudos superiores participarán o 25 de febreiro na I Feira das Universidades de Carballo

- Anuncio -

Ademais dos centros de secundaria, que xa teñen visitas concertadas, a iniciativa está aberta ás familias

Once centros de estudos superiores participarán na I Feira das Universidades de Carballo, que se celebrará o martes 25 de febreiro no Fórum. Por medio de postos informativos individuais, cada un deles dará a coñecer as posibilidades de futuro ao alcance da mocidade carballesa.

O Concello de Carballo, a través das concellarías de Educación e Innovación, Formación e Emprego, participa nesta iniciativa, promovida pola U-tad (Universidad dre tecnología y arte digital), que será un dos centros participantes xunto coa UDC (Universidade da Coruña), USC (Universidade de Santiago de Compostela), Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo, Universidad Europea de Madrid, CSHG (Centro Superior de Hostalaría de Galicia), AFN (Escola de pilotos do Noroeste), Escola Superior Marcelo Macías da Coruña, Universidad de Navarra, Universidad intercontinental de la empresa e Forzas Armadas.

A I Feira das Universidades estará aberta de 10.00 a 14.00 horas. Os centros de secundaria de Carballo e doutros puntos da comarca xa teñen visitas concertadas, pero as familias tamén poderán achegarse se están interesadas.

Relacionadas

Case mil nenos e nenas na proba de campo a través escolar

0
A partir das 10.30 h - Polígono de Bértoa O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de...

Betanzos e Vilalba incorporanse ao Eixo Atlántico na XXXIII Asemblea Xeral

0
A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo, aprobou a adhesión de dous novos municipios á entidade: Betanzos...

Gonzalo Castro reivindica a figura integradora de Castelao no seu 75 cabodano

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou nos actos organizados na Coruña para honrar a súa figura O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro,...

Inés Rey sitúa a Intermodal como exemplo da transformación urbana da Coruña

0
A alcaldesa abriu o Foro Urbano celebrado no Centro Cívico de Os Mallos, onde veciños e veciñas puideron coñecer e achegar novos proxectos para...

O alcalde logra que o Goberno central se comprometa a actuar na pasarela do...

0
O alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Antonio Molinos, reuníronse esta tarde en Madrid co Secretario de Estado...

O PP de Culleredo organiza unha charla para informar sobre as axudas da Xunta...

0
∙ O evento terá lugar o 20 de febreiro no edificio de Servizos Múltiples do Burgo. ∙ Os asistentes poderán resolver todas as dúbidas que...

Publicacións Relacionadas