Home A Coruña Os alumnos do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra...

Os alumnos do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021 acondicionan o espazo natural de Brandelos

- Anuncio -

Os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021 estiveron nos últimos días facendo traballos de acondicionamento e mantemento do espazo natural de Brandelos, unha área recreativa ubicada na parroquia de Prevediños, no Concello de Touro. O proxecto laboral impulsado pola Xunta de Galicia, que forma a 20 desempregados, conta con dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación en mellora de montes e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Os traballos que fixeron na Área Recreativa de Brandelos consistiron no desbroce de maleza, na poda das árbores deste espazo, na limpeza da marxe do río Brandelos e a retirada de madeira do cauce do río, na recollida de folla e na limpeza de fontes e outras estructuras. Esta iniciativa do Obradoiro de Emprego está financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e conta cun orzamento de preto de 350.000 euros.

O espazo natural de Brandelos ten moita relevancia no Concello de Touro e nos arredores. A Área Recreativa de Brandelos, presidida por unha capela, conta tamén con un local de baños para quen queira aproveitar a bondade das augas sulfurosas, o seu principal reclamo. O río Bandelos, que lle da nome a este espazo, e varias fontes completan esta área recreativa dominada tamén por unha fermosa carballeira.

O 20 alumnos do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021 continuarán facendo nos catro concellos desbroces e acondicionamentos de distintos espazos e camiños municipais. Traballarán na mellora das áreas e viarios públicos, reforzando ao mesmo tempo as tarefas de prevención contra os incendios forestais.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

A Biblioteca Municipal de San Sadurniño organiza un concurso de ilustracións sobre a obra...

0
Os orixinais poderán presentarse entre o 23 de febreiro e o 3 de marzo O Concello tamén fai un chamamento á participación na manifestación de...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

O Concello solicitará subvencións europeas para diversas actuacións que suman 16 millóns de euros

0
O Concello de Oleiros vai presentarse á próxima convocatoria de fondos europeos para recibir financiamento para diversas actuacións que no seu conxunto suman 16...

Lixeiro descenso do número de familias en situación de vulnerabilidade

0
Nun ano, o número de familias en situación de vulnerabilidade pasou de 284 a 274. É dicir, houbo un lixeiro descenso. Non se duplicaron. O...

Mañá, día 11 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para a primeira ruta...

0
O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao...

Publicacións Relacionadas