Home A Coruña Os Socialistas de Oroso lamentan o uso partidista do cribado que se...

Os Socialistas de Oroso lamentan o uso partidista do cribado que se está a facer no centro de sáude por parte do Partido Popular

- Anuncio -

A Agrupación Socialista de Oroso lamenta o uso partidista do cribado de detección da Covid-19 que se está a levar a cabo no centro de saúde de Sigüeiro por parte do Partido Popular. Unha utilización que na tarde de onte martes incluíu a visita ao centro por parte do secretario xeral do Partido Popular da Coruña, Gonzalo Trenor, e o voceiro municipal do PP de Oroso, Alexánder Doval.

Os Socialistas de Oroso remarcan que onte a Sigüeiro non veu o delegado Territorial da Xunta, senón o secretario xeral do Partido Popular coruñés. Veu facer política partidista, pero utilizando os medios de propaganda da Xunta de Galicia. Neste sentido, lembran que dende a Delegación Provincial da Xunta non comunicaron en ningún momento a súa visita oficial ao municipio, como si fixeran o pasado mes de xaneiro cando o propio Gonzalo Trenor estivo ata ten dúas ocasións no municipio. De feito, a visita de onte nin sequera estaba incluída nas previsións informativas, nin nas sucesivas ampliacións, que a Xunta de Galicia envía cada día aos medios de comunicación.

Os Socialistas de Oroso lamentan que nuns tempos nos que dende a Xunta nos piden a todos os galegos e galegas que esteamos na casa e evitemos os desprazamentos que non sexan imprescindibles, os señores do Partido Popular decidan pasar das restricións e vir a Oroso a sacarse unha foto vergoñenta. Unha situación que xa é habitual no caso do señor Doval, pero que nos sorprende de parte de alguén que debería saber distinguir entre os seus cargos na Xunta e no seu partido.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas