Papá Noel iniciaba esta mañá o seu percorrido por Neda. Como en anos anteriores, o Concello organizou unha cabalgata con itinerario amplo, que vai permitir a Santa Claus achegarse pasar por medio cento de rúas e lugares da localidade para saudar a toda a veciñanza. Ao seu paso, a comitiva repartiu caramelos e mesmo nalgúns puntos os nenos e nenas tiveron ocasión de subir á carroza e facerse unha foto.
O percorrido está previsto que continúe tras o parón para repor folgos cun bo xantar. E a partir das 17.30 horas haberá unha recepción na Casa das palmeiras. Unha ocasión única para entregarlle en man as cartas coas peticións de regalos e, deseguido, degustar un saboroso chocolate con churros.