Trátase dunha acción enmarcada na programación municipal do 25-N
O Concello de Ribeira colabora coa Deputación da Coruña na organización da quinta edición dos seminarios intensivos de defensa persoal feminina durante a súa impartición na localidade no 7 de novembro, de 10.00 a 13.00 horas, no módulo de deportes de contacto do Complexo Deportivo da Fieiteira, segundo anunciou a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro.
Trátase dunha acción que se realiza como antesala ao Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, que se conmemora no 25 de novembro, e que se enmarca na programación municipal na que traballa o CIM ribeirense arredor desta data.
A idade mínima establecida para participar establécese nos 12 anos, se ben poden asistir nenas de menor idade sempre que acudan acompañadas dunha persoa adulta.
As inscrición son gratuítas e poden formalizarse na páxina web https://www.dacoruna.gal/deportes ou no propio Concello a través do teléfono de contacto 679 306 188.

