Home A Coruña Ribeira homenaxea o legado das Irmandades da Fala cun acto conmemorativo

Ribeira homenaxea o legado das Irmandades da Fala cun acto conmemorativo

- Anuncio -

O Bloque Nacionalista Galego e a plataforma social Vía Galega realizarán en Ribeira este sábado, 23 de novembro, ás 11:00 horas, un acto especial en lembranza das Irmandades da Fala, no marco da celebración dos 106 anos da I Asemblea Nacionalista celebrada en 1918. O evento, que terá lugar no merendoiro que hai entre o Cámping de Coroso e a praia de Riazor, contará coa participación do responsable local do BNG Rafael Pazos, da escritora Patricia Torrado, e do alcalde da localidade Luís Pére.

“As Irmandades da Fala, fundadas en 1916, representan un fito esencial na historia de Galiza. Estas organizacións pioneiras deron voz á defensa da lingua galega e impulsaron a recuperación cultural, política e social do país nun contexto de forte asimilación cultural” asegurou Pazos. A súa primeira asemblea nacionalista, celebrada en 1918, marcou o inicio dun movemento máis amplo de afirmación galega, unindo reivindicacións lingüísticas cun proxecto político que aspiraba a unha Galiza máis soberana.

No acto deste sábado en Ribeira, lembrarase a transcendencia do traballo das Irmandades da Fala, que sementaron os alicerces do nacionalismo galego contemporáneo e contribuíron de xeito decisivo á construción dunha identidade colectiva.

“Dende o BNG e Vía Galega convidamos á cidadanía a participar neste acto de homenaxe e reflexión, unha oportunidade para recoñecer o pasado e reafirmar o compromiso co futuro de Galiza, seguindo o camiño trazado polas Irmandades da Fala” concluiu Pazos.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas