Home A Coruña Ribeira na vangarda da música antiga coa gaita de fol

Ribeira na vangarda da música antiga coa gaita de fol

- Anuncio -

No día de hoxe presentouse no Conservatorio Profesional Municipal de Ribeira “Enrique Paisal” o II Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol, ca presenza concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, xunto a Anxela Vidal, profesora do Conservatorio Musical de Música de Ribeira e promotora deste seminario.
Cruz Rivadulla informou, “este é o primeiro dos 3 seminarios, un por trimestre, e rematarán con cadanseu pequeno concerto polas igrexas do municipio”.
Anxela Vidal organiza estes encontros dende o departamento de instrumentos antigos do Conservatorio Municipal, puxo en valor a gaita na música antiga, “a gaita de fol é un instrumento que normalmente o asociamos á música tradicional e popular; sobre todo na nosa terra, pero neste caso, neste contexto, queremos tratalo coma un instrumento erudito da música culta porque realmente ten un transcurso histórico moi grande que comeza dende a idade media e que realmente ten un repertorio que socialmente é descoñecido, entón nos parece importante impulsar o recoñecemento deste repertorio” tamén engadiu, “este seminario non só está enfocado a xente que só toque instrumentos da música antiga, senón que tamén é unha boa opción para persoas que tocando instrumentos modernos, como o piano, o clarinete ou o saxo; se queiran adentrar en repertorio histórico” finalizou.
O seminario está integrado dentro dun proxecto de recuperación da gaita de fol para a música de cámara e centrarase no repertorio composto antes de 1800. O profesor titular será Paulo Gonçalves, especialista de música antiga de Galicia.
O seminario será do 30 novembro ata o 1 decembro e terá tres modalidades, unha activa para persoas do centro, para as persoas que queren asistir ao curso tocando; outra activa para persoas externas ao centro e a modalidade oínte, aberta para tódalas persoas, sexa músicos ou non.

Relacionadas

Éxito e emoción nos III Premios do Deporte de Miño

0
O Auditorio do centro social dá Rúa acolleu unha gala na que se destacou ou talento, a dedicación e valóresvos dúas e as deportistas...

O Concello de San Sadurniño e a AGFA do Eume ofrecen un curso de...

0
Durante este venres e sábado está en marcha o curso de poda que ofrecemos en colaboración coa AGFA do Eume, impartido polo técnico e...

Este domingo bota a andar en San Sadurniño a campaña de dinamización do comercio...

0
Na iniciativa promovida pola área de Desenvolvemento local participan 31 establecementos, que entregarán papeletas até o día 31 de decembro Sortearanse nove cestas de produto...

O goberno municipal reforza o seu compromiso co sector social de Ribeira

0
No acto presidido polo alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e o segundo tenente de alcalde, Vicente Mariño, asináronse os convenios de colaboración con...

Gonzalo Castro pon en valor A Coruña como cidade de referencia para o sector...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo participou este venres no acto de clausura da XVIII edición do encontro i+P ‘Ideas para producir’, organizado polo...

José Martínez Parada faise co deseño do cartel do Nadal 2024/2025

0
Hoxe pola mañá na Sala de Exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas tivo lugar un pequeno acto de recepción ao gañador do “Concurso de...

Publicacións Relacionadas