O domingo celébrase a I Carreira Popular Concello de Oleiros en Iñás e Nós

Redacción

O vindeiro domingo 18 de outubro celébrase a primeira edición da Carreira Concello de Oleiros, unha proba deportiva de aproximadamente 8,5 quilómetros que percorrerá vías urbanas, camiños e sendeiros das parroquias de Iñás e Nós.

O percorrido terá a súa saída e chegada fronte á Casa do Pobo de Iñás. Comezará ás 12h e deberá completarse nun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos. A proba está aberta ás persoas maiores de 13 anos, sen ser necesario estar federado.

O prazo de inscrición finaliza mañá martes. A cota para a apuntarse é de 5 euros por participante.

Con esta primeira edición, o Concello de Oleiros incorpora unha nova proba ao calendario deportivo municipal, que permitirá combinar a práctica deportiva co percorrido por un dos grandes espazos naturais de Oleiros, o paseo fluvial de Iñás e Nós.

INSCRICIÓNS: https://carreiraoleiros.ccnorte.com/gl/web/inscripcion/?r=1

Comparte este artigo