Saída de vía cun coche caído sobre o alpendre dunha vivenda na rúa Hermo, no concello de Miño

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos participaron esta mañá nun operativo derivado dunha saída de tráfico na que un vehículo se precipitou sobre o tellado do alpendre dunha vivenda na rúa Hermo, do concello de Miño.

Tanto o condutor como os posibles pasaxeiros do turismo non resultaron feridos e abandonaron o lugar. O operativo dos bombeiros consistiu en asegurar tanto a zona como o vehículo e comprobar a estrutura do espazo.

Comparte este artigo