Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos acudiron onte, tras recibir un aviso ás 22:21horas, ao quilómetro 7.8 da AP-9 tras producirse unha saída de vía sentido A Coruña ao seu paso polo Concello de Oleiros.
Tan só un vehículo implicado e cun único ocupante, que presenta feridas leves. Non necesita traslado a centro hospitalario. Se persoan tamén no lugar do sinistro a Garda Civil e o persoal de mantemento de Autoestradas.