Home A Coruña Santiago homenaxea ao doutor Carro Otero coa inauguración dunha rúa co seu...

Santiago homenaxea ao doutor Carro Otero coa inauguración dunha rúa co seu nome

- Anuncio -

O Concello de Santiago rendeu hoxe homenaxe ao doutor José Carro Otero, falecido en 2021, bautizando unha rúa co seu nome. Ao acto, que tivo lugar esta mañá, asistiu o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, membros dos grupos municipais, representantes das principais institucións, da sociedade civil compostelá, das forzas e corpos de seguridade e da familia do homenaxeado, entre eles os seus fillos Gonzalo, Susana e Santiago.

O rexedor compostelán salientou a figura “dun gran amigo, persoa admirada e querida” que o Concello homenaxea poñendo o seu nome a unha rúa no barrio do Castiñeiriño e co recoñecemento de fillo predilecto, acto que se realizará en vindeiras datas.

De Carro Otero, Sánchez Bugallo destacou que era “a persoa que coñecía máis historias e que mellor as contaba. Era moi difícil estar aburrido ao seu lado”, remarcou. Tamén salientou que “foi un santiagués que quería profundamente a Santiago” e fixo fincapé na súa capacidade para dedicarse a múltiples a tarefas: “era un home non polifacético, senón multifacético: médico, antropólogo, arqueólogo…pero o nexo de unión entre todos elas era o orgullo de ser cidadán de Compostela”, paixón por unha cidade que o levou a ser concelleiro nos anos 70 e 90.

“Era entrañable e moi querido, por iso, cando se produciu o seu pasamento, todos os membros da Corporación entendemos que era necesario darlle continuidade ao que significa José Carro Otero” para Santiago de Compostela. “A cidade hónrase en recoñecer a un fillo predilecto”.

En representación da familia interviu Gonzalo Carro, fillo do homenaxeado, que agradeceu aos membros do Consello de Condecoracións do Concello a aprobación por unanimidade do acordo polo que se lle dedica unha rúa a seu pai. Deste xeito, sinalou, “pasa a formar parte da historia viva de Santiago”. O amor pola súa cidade de nacemento foi posto de manifesto tamén por Gonzalo Carro, que recordou a seu pai como unha persoa traballadora e humilde, “incapaz de dicir que non a calquera solicitude de axuda”. Salientou, así mesmo, a súa capacidade de colaboración “con todas as institucións: foi un auténtico embaixador de Galicia e de Santiago dentro e fóra do noso país”. En nome de toda a familia, agradeceu as mostras de apoio e de cariño que recibiu de todos os ámbitos, así como os actos de homenaxe que se sucederon tras a súa morte.

José Ignacio Carro Otero, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1942 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 2021, foi un médico, antropólogo, docente e académico galego, ademais de destacado investigador da historia e da arte.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas