“Sirât” proxéctase este xoves na contorna do albergue

Redacción

A contorna do albergue de peregrinos acollerá este xoves, 13 de agosto, a segunda entrega do ciclo municipal “Cinema de verán”. O Concello de Neda programará desta volta “Sirât”, película do director galego Oliver Laxe que foi candidata a dous Premios Oscar.

A partir das 22:00 horas, quen se achegue a este punto do paseo marítimo terá a posibilidade de desfrutar dun dos éxitos máis recentes do cine español. Un filme que que conta a historia dun pai que busca á súa filla desaparecida nunha rave en  Marrocos.

A cinta, gañadora de seis Goyas, conquistou ao xurado do Festival de Cannes 2025 e competiu nos Premios Oscar nas categoría de mellor película internacional e de mellor son.

A película, non recomendada para menores de 16 anos, vén a completar “Cinema de verán”, ciclo gratuíto que é froito da colaboración entre o Concello e máis a Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Comparte este artigo