Subministro auga en Neda

Redacción

Segundo o avanzado este mércores, o Concello e Veolia impulsan un subministro alternativo de auga potable en tanto non se poida restablecer o servizo no conxunto da localidade.

Xa está operativo na contorna do centro de saúde do municipio un camión cisterna para o reparto de auga entre a veciñanza afectada polos cortes no abastecemento derivados da situación de seca. As persoas aboadas que quedaron sen auga a tarde do martes poden achegarse a encher as súas garrafas.

Os veciños e veciñas que, polo motivo que sexa, non poidan achegarse ata Albaron, deben chamar aos teléfonos municipais 689028675 ou 659684435 para recibir no domicilio a auga envasada que repartirá o Concello.

Comparte este artigo