Teatro para estudantes, este xoves

Redacción
Lectura mínima de 1

Este xoves 16 de abril ás 11.00 h no Pazo da Cultura terá lugar a función de teatro escolar Carne Viva de Bengala Producións , que está sufragada pola área Igualdade da Deputación da Coruña, destinado a público adolescente. Neste caso, acudirán alumnado de 1º de bacharelato dos centros educativos de IES Alfredo Brañas e IES Isidro Parga Pondal.

Esta función rematará cun coloquio coa compañía para abordar temas como o acoso escolar, o feminismo e a conciliación, fomentando o pensamento crítico e artístico,así como o autocoñecemento individual e colectivo.

Comparte este artigo