Home A Coruña Todo listo para a XXXII Feira das Fabas de Ponteceso, que chega...

Todo listo para a XXXII Feira das Fabas de Ponteceso, que chega este sábado 26 de outubro

- Anuncio -

 Haberá novidades como un tren turístico nunha celebración coa faba como gran protagonista da xornada.

Este sábado, 26 de outubro, o Concello de Ponteceso celebrará a XXXII edición da súa emblemática Feira das Fabas, un evento que atrae cada ano a centos de visitantes, tanto locais como de toda Galicia, e que serve de escaparate dos mellores produtos da nosa terra. A celebración foi presentada hoxe pola concelleira de Cultura, Raquel Fondo, e a técnica da área Meli Amado. Consolidada como unha das citas gastronómicas e culturais máis importantes da comarca, promete nesta ocasión un programa cargado de novidades e entretemento para toda a familia.

Unha das grandes atraccións deste ano será o tren turístico, que por primeira vez estará dispoñible para todos os asistentes. Este tren, que funcionará entre as 11:00 e as 14:00 horas, realizará un percorrido amenizado polo mago Cayetano Lledó, quen sorprenderá aos viaxeiros con trucos e maxia ao longo da ruta. O tren realizará paradas en puntos clave do concello, como a Praza do Recheo, o Campo da Feira e o Centro Cultural, ofrecendo a oportunidade de coñecer diferentes espazos destacados de Ponteceso mentres se disfruta dun espectáculo único.

Esta nova proposta, que será totalmente de balde, espera atraer tanto a familias como a grupos de amigos que queiran experimentar unha xornada distinta, mesturando cultura, gastronomía e diversión.
O programa continúa ao mediodía cunha ampla oferta de actividades para todos os públicos. Ás 14:00 horas, os asistentes poderán acceder ao espazo de xantar, onde se celebrará unha gran comida popular coa faba como protagonista. Ademais, o ambiente festivo estará asegurado coas actuacións en directo do Dúo De Festa, que arrancará a súa actuación a partir das 15:30 horas.
Antes da actuación musical, haberá unha nova oportunidade de gozar co talento do mago Cayetano Lledó, que levará a cabo un segundo espectáculo na carpa instalada para a ocasión. A maxia, desta volta, chegará de novo aos máis pequenos, pero tamén sorprenderá aos adultos cun espectáculo cheo de sorpresa e ilusión.
Un dos momentos máis esperados da xornada será o pregón, que se celebrará ás 14:30 horas, e onde a cociñeira Sandra Varela Amado compartirá unhas palabras para dar o pistoletazo de saída oficial a esta festa, que “é moito máis que unha feira gastronómica: é un punto de encontro da veciñanza, unha oportunidade para dar a coñecer o noso patrimonio cultural e un motor económico para os produtores locais”, afirma a concelleira de Cultura, Raquel Fondo.
A Feira das Fabas de Ponteceso leva máis de tres décadas consolidándose como un evento imprescindible no calendario festivo galego. O seu éxito radica non só na excelencia dos produtos locais, como a faba, senón tamén na súa capacidade de ofrecer unha ampla oferta de actividades culturais e de lecer. Cada ano, centos de persoas acoden a Ponteceso para disfrutar dunha xornada na que gastronomía, tradición e entretemento se mesturan de forma harmoniosa.
Fondo, que convida a toda a cidadanía a participar na feira, destaca a importancia de seguir potenciando este tipo de eventos que “non só dinamizan a economía local, senón que tamén poñen en valor o noso patrimonio cultural e gastronómico”. Así mesmo, subliña que este ano a feira conta con novidades importantes como o tren turístico, que “será unha oportunidade para coñecer o noso concello dunha maneira diferente e divertida”.
Recoméndase adquirir as entradas con antelación no concello durante este semana, ainda que tamén pode facerse o propio día da feira na carpa.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas