Free Porn
xbporn
Home A Coruña A presidenta da Asociación de Municipios do Camiño da Ría de Muros...

A presidenta da Asociación de Municipios do Camiño da Ría de Muros Noia reúnese con responsables do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino

- Anuncio -

Analizaron como mellorar o autosellado das credenciais e como axilizar a recepción da Compostela, sobre todo en peregrinacións en grupo

A presidenta da Asociación de Municipios do Camiño da Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde, acompañada do técnico Sebastián Valverde e do párroco de Noia, Don José Ortoño Fuentes, reuníronse co equipo de delegados designados polo Cabildo da Catedral de Santiago para a xestión das peregrinacións, Daniel Lorenzo e Noelia Márquez.

A reunión foi solicitada para tratar diferentes aspectos operativos e de organización sobre o Camiño da Ría de Muros Noia. O primeiro tema a estudar foi o do procedemento de autosellado para a credencial, que se realiza en formato papel e xa está presente nese roteiro xacobeo, pero que necesita algunhas adaptacións para desenvolver e facilitar a súa implantación.

A continuación analizáronse as peregrinacións colectivas, moi destacadas na Ría de Muros Noia, sobre todo as marítimas. Unhas peregrinacións que, tal e como explicaron os responsables da Oficina do Peregrino, deberán seguir os modelos implementados desde hai anos para os grupos. Un sistema que axiliza a obtención da Compostela e garante que todos os membros do grupo póidana recibir de modo áxil e cómodo.

Continuando coas peregrinacións marítimas, unha variante de especial importancia no Camiño da Ría de Muros Noia, os delegados do Cabildo da Catedral de Santiago confirmaron que o criterio para a recepción da Compostela é navegar 90 millas náuticas como distancia mínima, tal e como figura na credencial que emite a Catedral para acreditar as distintas etapas. Unha navegación que deberá realizarse en embarcacións a vela.

Agradecemento polo apoio

Durante a reunión, Teresa Villaverde agradeceu a Daniel Lorenzo o recoñecemento, o amparo e o apoio recibido tanto por parte do Arcebispo, como da Catedral de Santiago de Compostela e dos responsables da Oficina do Peregrino, “que desde que recibiron o estudo de historicidade do Camiño mostraron o seu interese por este roteiro e ofrecéronnos a súa colaboración”.

O encontro, celebrado en Santiago de Compostela, transcorreu coa máxima cordialidade e finalizou co desexo expresado por Teresa Villaverde para que o Camiño da Ría de Muros Noia reciba pronto tamén o respaldo oficial da Xunta de Galicia. Os responsables do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino animaron á Asociación para que os seus traballos produzan os froitos que desexan.

A Asociación de Municipios do Camiño da Ría de Muros Noia está composta por Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas