Última oportunidade para apuntarse ao taller intensivo de interpretación deste sábado en Neda

Redacción

Últimos días para anotarse no taller intensivo de interpretación que terá lugar este sábado na Casa da Cultura de Neda. A masterclass de iniciación ao teatro, froito da colaboración do Concello e da Deputación, busca achegar as artes escénicas á cidadanía.

A iniciativa, dirixida ao público de 16 anos en diante, estará impartida polo actor, director e dramaturgo Juan Anillo, e máis polo especialista en teatro clásico Nortan Palacio, dous profesionais cunha ampla traxectoria no eido da interpretación. O taller da formación teatral, que manterá aberta a inscrición na biblioteca municipal de Neda (teléfono 981390233) en tanto quede algunha praza vacante, ofrece unha aproximación práctica ao feito escénico.

Así, durante a sesión, que se desenvolverá entre as 10 e as 17 horas, traballaranse aspectos como a voz, a expresión corporal, o uso do espazo, a improvisación ou a xestión emocional.

A masterclass busca non só introducir as persoas participantes no mundo da interpretación, senón tamén fortalecer habilidades como a comunicación, a creatividade, a confianza persoal ou a capacidade de relación.

Comparte este artigo