Home A Coruña Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

- Anuncio -

O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións”

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, e rsponsable de Cultura, Gonzalo Castro, presentou esta mañá no Palacio Municipal de María Pita a XXIV edición do Correlingua, que terá lugar este vindeiro venres 3 de maio a partir das 11.00 horas. O evento reunirá a máis dun milleiro de alumnos e alumnas de 17 centros de toda a comarca da Coruña.
“Esta iniciativa ten unha grande importancia para o Goberno de Inés Rey pois permite manter moi viva a lingua galega entre as próximas xeracións, que gozan cada ano dunha xornada festiva que todos os nenos e nenas agardan con entusiasmo”, indicou Gonzalo Castro durante a rolda de prensa, na que tamén estiveron Celia Armas, responsable provincial da Asociación Correlingua, e Suso Bermello, representante de CIG Ensino, que xunto á Mesa pola Normalización Lingüística organizan este evento.

A xornada comezará o venres ás 11.00 horas desde a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. As e os participantes percorrerán o paseo marítimo ata chegar á Torre de Hércules, aproximadamente ás 12.30 horas. Haberá un escenario xunto á estatua de Breogán, onde se celebrará unha festa final na que participará a alcaldesa, Inés Rey, e haberá actuacións musicais e entrega de premios á mellor pancarta.

O XXIV Correlingua leva por lema ‘Dende aquí até acolá, galego xa!’ e conta cun cartel realizado pola ilustradora Xulia Pisón. O obxectivo desta xornada é o fomento do uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, algo que se estende ao resto do ano con diferentes iniciativas levadas a cabo nos centros de ensino, como o Cantalingua, concurso de onde saen as formacións musicais que actuarán este venres na Torre.

Gonzalo Castro remarcou o compromiso do Goberno de Inés Rey co fomento do uso do galego na cidade, destacando a importancia de crear unha programación cultural plural e cun forte compoñente galego, así como en cuestións administrativas como a aprobación da ordenanza de uso do galego no Concello.

Relacionadas

Boqueixón acollerá do 27 ao 29 de xuño unha nova edición de Galiforest, a...

0
O alcalde de Boqueixón mantivo esta mañá unha reunión de coordinación do director xerente da Feira Internacional de Galicia Abanca O alcalde de Boqueixón, Ovidio...

Obradoiros e maxia nas bibliotecas de Dorneda e Lorbé para crianzas a partir de...

0
A programación das bibliotecas públicas municipais de Dorneda e Lorbé durante o mes de maio achega a maxia e as manualidades ás crianzas. O luns...

Aberta a inscrición para a Carreira Popular dos Rosales do próximo 2 de xuño

0
O prazo para participar rematará o vindeiro domingo 26 de maio O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición na XI Carreira Popular Os...

Yolanda Castaño reivindica en San Sadurniño a creación feminina e a figura de Villalta

0
A poeta Yolanda Castaño trouxo esta mañá a San Sadurniño a charla "Muller, poeta, en galego... e polo mundo!", na que deu conta das...

Cambios nos asfaltados de Sol y Mar polas adversas condicións climatolóxicas

0
A causa das chuvias os traballos definitivos das obras de Sol y Mar correspondentes ás vías de servizo, glorieta, acceso ao túnel do lado...

Visita novo capitán da Garda Civil

0
Visita a San Sadurniño do novo xefe da 2ª Compañía da Garda Civil de Ferrol, o capitán Francisco Javier Fernández González, quen se achegou...

Publicacións Relacionadas