Visita a San Sadurniño do novo xefe da 2ª Compañía da Garda Civil de Ferrol, o capitán Francisco Javier Fernández González, quen se achegou hoxe ao noso concello dentro da rolda de presentación que está facendo estes días polos municipios da comarca.
Fernández estivo acompañado polo sarxento do posto de San Sadurniño, José Antonio Lobeiras, e foi recibido polo alcalde, Secundino García, quen lle desexou sorte no seu novo destino, ademais de comentar con el cuestións relativas ao equipamento e a dotación do destacamento local.