Home A Coruña Vimianzo e Laxe levan de maneira conxunta a paisaxe protexida dos Penedos...

Vimianzo e Laxe levan de maneira conxunta a paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba a Fitur 2025

- Anuncio -

A presentación será no stand de Galicia o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, ás 11:30 horas

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o rexedor laxense, Francisco Charlín, serán os encargados de expoñer en Madrid o potencial como recurso turístico deste espazo natural

Os concellos de Vimianzo e Laxe presentarán de maneira conxunta na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a maxia que envolve aos Penedos de Pasarela e Traba como paisaxe protexida.
Será o xoves, 23 de xaneiro, ás 11:30 horas, no stand de Galicia. Ámbolos dous concellos veciños, xunto coa Xunta de Galicia, divulgarán a riqueza desta paisaxe e espazo pétreo de características únicas.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o rexedor laxense, Francisco Charlín, serán os encargados de levar ata Madrid e exhibir alí o potencial como recurso turístico deste espazo natural, que destaca pola súa singular xeografía e biodiversidade, así como por ofrecer unha panorámica de espectaculares vistas ao Atlántico.
Rodríguez salientou a importancia de “coidar, protexer e divulgar este enclave, que mostra á perfección a riqueza natural da nosa terra” e mostrouse “moi orgullosa de poder levar a Fitur a nosa natureza, algo que nos representa e que nos define como un destino turístico que nunca esqueces e ao que sempre tes ganas de volver”.
Pola súa parte, Charlín destacou que se trata “dunha grande ocasión para dar a coñecer a nosa terra e apostar por un turismo sostible e respectuoso co medio ambiente, que é capaz de apreciar e garantir a conservación e coidado dos nosos recursos naturais” e quixo agradecer “o apoio da Xunta de Galicia e que nos brinde a oportunidade de ofrecer en Madrid a riqueza da Costa da Morte”.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas