A actuación permitirá humanizar a contorna do Mosteiro de San Salvador e reforzar a seguridade viaria.
Deron comezo as obras que acometerán a mellora da seguridade peonil da travesía de San Cidre, unha actuación que permitira tranformar a contorna do Mosteiro apostando por unha maior funcionalidade e accesibilidade.
A intervención está financiada cunha achega do Plan único de Concellos 2024 (POS+ adicional 2/2024) da Deputación de A Coruña de 176.999,14 €, así como cunha achega municipal de 140.595,36 € .
Os traballos inclúen o acondicionamento das marxes de dúas estradas municipais e inmediacións do Mosteiro, facilitando o transito de peóns. O goberno local actuará na actualización da rede de pluviais, a urbanización dos viais de acceso ao cemiterio e na reorganización do aparcadoiro.
Alternativa celebra o inicio desta obra, destacando que responde á liña de compromiso cunha mobilidade máis segura, accesible e adaptada á veciñanza, poñendo en valor espazos de relevancia patrimonial do municipio.

