Home A Coruña Volve o Rexenera Fest para encher de cor o barrio da Lagoa

Volve o Rexenera Fest para encher de cor o barrio da Lagoa

- Anuncio -

Alegría del Prado, Maz, Elena González, Alberto Montes, Susana Blasco e Iota asinarán as novas creacións do museo de arte urbana de Carballo

Xa está aquí o Rexenera Fest! E este ano o festival internacional de arte pública de Carballo vén disposto a encher de cor o barrio máis antigo da nosa vila: A Lagoa. Cinco das novas creacións que se sumarán ao noso museo ao aire libre situaranse nas rúas Túnel, Carpinteiros e Oriente, e haberá unha sexta no IES Parga Pondal, na outra punta do mapa urbano, que tamén será escenario dun taller de muralismo para un grupo de estudantes do centro.

Presentámosvos o elenco de artistas que nos acompañarán entre o 1 e o 11 de xuño:

Alegría del Prazo (rúa Sol 33 / rúa Carpinteiros) é un dúo creativo hispano-mexicano formado por Octavio Alegría e Ester del Prado. O seu imaxinario móvese nun fino equilibro entre a figuración e o naturalismo, un estilo cargado de detalles cun matiz surrealista moi persoal, creando mundos oníricos que se enraízan a unha natureza chea de simbolismos. Co debuxo combinan os seus coñecementos de gravado para crear outro tipo de linguaxes. Podes botar unha ollada ao seu traballo aquí: www.instagram.com/alegriadelprado

MAZ (Rúa Oriente, 1) é, sen dúbida, unha das figuras máis activas e interesantes do panorama da arte urbana galega e estatal. Coa intención de darlle visibilidade a problemáticas e contradicións que teñen lugar no espazo público, afonda en temas como o animalismo, a sustentabilidade ou a vida en sociedade dende o optimismo, o humor critico e a retranca, sen pedir perdón nin permiso a ninguén. Que reivindicará nas rúas de Carballo? Pronto o saberemos! Máis sobre MAX, aquí: https://www.maz.ooo/

Alberto Montes (rúa Túnel) é un pintor e muralista sevillano cuxa obra se caracteriza pola investigación plástica a través da concepción da paisaxe, movéndose comodamente entre a figuración e a abstracción. A súa é unha proposta creativa que incita á pausa, á contemplación e á reflexión. Se queres coñecelo mellor: https://www.instagram.com/alberto__montes

Susana Blasco, tamén coñecida como Descalza (Rúa Oriente, 12), é deseñadora

gráfica, ilustradora, afiadora de coitelas, amante de pedras, papeis e tesoiras, e moitas cousas máis! Esta zaragozana é especialista na arte do collage, en levar esta disciplina ao formato mural, e unha dos principais referentes desta técnica en España, cunha longa experiencia e traxectoria. Sigue o seu traballo aquí: https://susanablasco.com

Iota (rúa Oriente, 23) é unha artista belga con base en Bruxelas, que se move con comodidade entre a arte mural, a pintura e o debuxo. A súa obra actual atopa a súa inspiración entre a pintura clásica figurativa e a art nouveau. Traballa na representación da alma humana en todas as súas complexas formas, mesturando corpos, texturas e materiais para introducirnos nun mundo onde o inconsciente se funde coa realidade e modélaa ata o infinito. Máis sobre Iota: https://www.notoneiota.art

Elena González, ou Ele Zissou (IES Parga Pondal), é unha ilustradora e muralista de Salamanca. A súa obra inspírase na natureza, a infancia, a arte que ama e as series de animación e o cinema que sempre admirou. A súa obra destaca polo uso dunha paleta limitada de cores planas e vivas que distribúe de xeito sensible e equilibrado en todas as súas composicións e unha sofisticada síntese e estilización de formas, xerando o seu propio universo máxico cheo de personaxes coloridos e divertidos. Aquí podes velo: http://www.elena-gonzalez.com

Ademais do taller de muralismo para estudantes que se desenvolverá no IES Parga Pondal, o Rexenera Fest inclúe estoutras actividades paralelas:

Xogos de pistas para familias: do 1 ao 11 de xuño, para todos os públicos e con inscrición de balde en rutas@rexenerafest.gal ou no teléfono 981 702 077. Recolle as primeiras pistas no Museo de Bergantiños e acada o teu premio!
Ruta guiada: 11 de xuño ás 12.00 horas. Actividade para todos os públicos con inscrición de balde en rutas@rexenerafest.gal ou no teléfono 981 702 077. Saída dende o Museo de Bergantiños.
Concerto: 9 de xuño, con Dios Ke Te Crew e Familia Caamagno. Para non perder!
Todo o demais que queiras saber, en www.rexenerafest.gal

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas