Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario” que, como cada ano, organiza a Asociación Amas de Casa de Neda. Ata este sábado, 7 de decembro, hai tempo de achegarse a mercar a típica flor de Pascua ou calquera dos detalles artesanais feitos polas socias. Agasallos perfectos para as próximas celebracións familiares. Todos os fondos que se consigan neste mercadiño efémero destinaranse ás persoas con menos recursos do municipio. O venres e sábado estará operativo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.