Home A Coruña Xosé A. Touriñán e Javier Veiga ofrecerán un monólogo solidario no Teatro...

Xosé A. Touriñán e Javier Veiga ofrecerán un monólogo solidario no Teatro Colón o xoves 16

- Anuncio -

As entradas, a un prezo de 10 euros, sairán á venda este sábado ás 11.00 horas

O vindeiro xoves 16 de xaneiro celebrarase no Teatro Colón un monólogo solidario que contará con dous dos humoristas máis populares e consagrados de Galicia e España. Trátase de Xosé A. Touriñán e Javier Veiga, dúas figuras fundamentais do humor galego que é habitual velos sobre as táboas do teatro coruñés.

O espectáculo humorístico solidario destinará o recadado á asociación Ecos do Sur, unha ONG a prol dos Dereitos Humanos e das persoas migrantes que desde 1991 leva axudando a máis de 21.000 persoas se integren na comunidade. “O Goberno de Inés Rey cre que a cultura é un espazo fundamental para promover causas solidarias e por iso promovemos este evento tan especial e que reunirá a dúas persoas moi queridas polo público coruñés”, sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O espectáculo dará comezo ás 20.00 horas do vindeiro xoves 16. As entradas para a función poranse á venda este sábado, 11 de xaneiro, a través de Ataquilla. Xosé A. Touriñán regresa deste xeito ao Teatro Colón só unhas semanas despois de bater o récord absoluto de espectadores dun só espectáculo coas tres temporadas de ‘Somos criminais’, que coprotagoniza xunto a Carlos Blanco. Por outra banda, Javier Veiga é outro dos habituais na cidade, xa que participa activamente no Encontro Mundial de Humorismo.

Relacionadas

O Concello de Ribeira aproba por unanimidade o POS+ para o financiamento de gastos...

0
Hoxe celebrouse o primeiro pleno do ano 2025 nunha sesión extraordinaria na que se debateu para a súa posterior votación a participación no Plan...

Paderne consolida a súa Feira GastroLexítimo co apoio permanente da Deputación da Coruña

0
 A entidade provincial contará cun espazo propio no evento para promocionar os produtos locais, segundo acordaron esta mañá o equipo de goberno de...

O alcalde reúnese coa nova xunta directiva de AXOBER para abordar  temas clave do emprego e...

0
José Manuel López Varela agradeceulles a iniciativa e manifestou o compromiso do Concello coa creación do entorno favorable para fomentar a actividade empresarial. O alcalde...

O Concello destina 54.641 euros para reforzar a área de Servizos Sociais

0
• Hoxe, venres 10 de xaneiro, aprobouse en pleno a proposta para o Plan Único Adicional da Deputación dá Coruña. O Concello de Miño aprobou...

Retiran a partir do luns o tellado de uralita con amianto da Casa da...

0
O Concello informa de que o inmoble permanecerá pechado en tanto se realicen as tarefas de desamiantado O Concello de Neda informa do arranque efectivo...

O goberno de Sanmartín anuncia que se presentará en 2025 á nova EDIL para...

0
O goberno que preside Goretti Sanmartín fixou hoxe os retos para este ano cun primeiro obxectivo inmediato como é a aprobación dun novo orzamento....

Publicacións Relacionadas