A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, deu este venres a benvida, no Salón de Actos de Pazo de San Marcos, a un grupo de 20 usuarios e usuarias do Centro de Convivencia lucense Uxío Novoneyra. Durante este encontro as persoas participantes puideron coñecer, de primeira man, o funcionamento da Deputación de Lugo e a historia do edificio. A visita, na que os usuarios e usuarios recibiron un agasallo institucional, completouse cun percorrido guiado polas diferentes dependencias provinciais.

