adminON
Lectura mínima de 6

A Deputación reparte 480.000 euros entre 51 entidades das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes ao abeiro do Plan Provincia Comunitaria 2024

Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros

“Estamos ao carón das entidades que constrúen territorio e que fan que esta provincia avance como non fixo nos últimos anos”, asegurou o presidente Luis López

Pazo provincial, 2 de novembro de 2024. A Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de 480.000  euros do Programa de Acción Comunitaria, coñecido como Plan Provincia Comunitaria 2024, entre 51 asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais de sete concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 €. “Estamos ao carón das entidades que constrúen territorio e que fan que esta provincia avance como non  fixo nos últimos anos”, asegurou o presidente provincial, Luis López, que lembrou que, con estas axudas, búscase “potenciar a capacidade das asociacións, mellorar a calidade de vida local e os equipamentos veciñais e contribuír á implantación homoxénea destas entidades en todo o territorio”.

En concreto, en Agolada a Asociación de Veciños de Troula de Ventosa O Farelo recibe 6.413 €; en Cerdedo-Cotobade a Asociación Veciñal e Cultural San Martiño de Rebordelo 8.507 €; en Forcarei a Asociación de Veciños Torre Vella de Castrelo 10.000 €; en Lalín contarán con 10.000 € a Asociación de Veciños San Pedro Félix da Xesta, a Asociación Veciñal e Cultural San Bartolomé de Botos, a Asociación Veciñal Cultural San Esteban de Cadrón, a Asociación Mulleres Rurais en Igualdade de Bendoiro, a Asociación de Mulleres Rurais en Igualdade de Prado, a Asociación Mulleres Rurais en Igualdade de Vilasancho, a Asociación de Veciños de Catasos e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Carqueixa, 8.975 € a Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos, 9.129 € a Asociación de Veciños Blarqueiros de Noceda, 6.048 € a Asociación de Veciños San Xoán de Anzo, 9.958 € a Asociación de Veciños de Moneixas, 9.908 € a Asociación Veciñal San Román de Santiso e 6.773 € a Asociación de Veciños A Cacharela; en Rodeiro a Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Faro recibirá 6.000 €, e en Vila de Cruces á Asociación de Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño correspóndenlle 10.000 €, á Asociación de Mulleres Rurais de Tuiriz 8.507 € e á Asociación de Veciños San Pedro de Losón 9.905 €.

Ademais, no caso da Estrada, son 30 as asociacións que reciben achegas deste programa de acción comunitaria. En concreto, contarán con 10.000 € a Asociación de Veciños e Cultural Isaac Quenqueirades, a Asociación de Veciños San Xorxe de Cereixo, a Asociación de Veciños San Breixo de Lamas, a Asociación de Veciños Santa María de Barcala, a Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Andrés de Vea, a Asociación de Veciños Fonte do Santo de San Xurxo de Vea, a Asociación Veciñal de San Juan de Liripio, a Asociación de Mulleres Rurais San Xulián de Vea e Baloira, a Asociación de Veciños Entreveas, a Asociación Mulleres Rurais e Fátima, a Asociación de Mulleres Rurais San Xoán de Santeles, a Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei, a Asociación de Veciñas e Veciños da Parroquia de Orazo, a Asociación de Veciños de Tabeirós, a Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns, a Asociación de Veciños de Arca, a Asociación Mulleres Rurais As Bugineiras Nigoi, a Asociación de Veciños Santa Cristina de Vea, a Asociación de Veciños Santa Eulalia de Matalobos, a Asociación Veciñal Santa Mariña de Ribeira, a Asociación de Veciños O Rueiro, a Asociación de Veciños da Parroquia de Pardela e a Asociación de Veciños Pouso-Carril.

Tamén na Estrada a Asociación de Mulleres Rurais San Xulián de Arnois contará con 6.000 €, a Asociación de Veciños San Pedro de Ancorados con 9.776 €, a Asociación de Veciños Amigos do Castro Barbude con 7.251 €, a Asociación Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó con 9.350 €, a Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados con 9.900 €, a Asociación de Veciños San Lois de Orazo con 7.097 € e a Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes con 6.000 €.

Grazas a estas axudas, no conxunto da provincia 170 asociacións e federacións de 44 concellos poderán executar obras de acondicionamento, reforma ou ampliacións de locais e outros espazos ou adquirir equipamentos que melloren os seus servizos. A partir de agora, as entidades terán un prazo de seis meses para executar e xustificar as actuacións.

Comparte este artigo