Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na quinta ruta...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na quinta ruta ornitolóxica de “Voando nas Rías Baixas”

- Anuncio -

A ruta, impulsada pola institución da man de SEO/BirdLife, terá lugar o 23 de xuño e permitirá observar aves na contorna da praia da Lanzada, nos concellos de Sanxenxo e O Grove

A Deputación de Pontevedra abre este luns 10 de xuño, ás 9:00 horas, o prazo de inscrición para participar na quinta ruta ornitolóxica do programa “Voando nas Rías Baixas”. Esta nova actividade impulsada pola institución provincial da man de Seo/BirdLife terá lugar o domingo 23 de xuño na contorna da praia da Lanzada, nos Concellos de Sanxenxo e O Grove. As solicitudes permanecerán abertas ata o 21 de xuño  ás 12:00 horas ou ata completar a capacidade (25 prazas).

A praia da Lanzada é un dos últimos redutos da nosa provincia onde nidifica a píllara das dunas, unha ave que se enfronta a un risco moi alto de extinción. Deste xeito, a través de telescopios e prismáticos e mantendo unha distancia prudencial, as persoas participantes poderán ver os niños, protexidos con gaiolas e balizas, e as familias de píllaras cos seus adorables paxariños que corrican pola area. Ademais, tamén se explicará ás persoas participantes os problemas aos que se enfronta cada ano esta ave protexida para reproducirse con éxito nos areais das Rías Baixas.  

As persoas interesadas en participar poderán facelo a través do formulario publicado no portal web da Deputación. Poderase anotar a persoa solicitante xunto cun máximo de tres acompañantes. O percorrido, ofrecido por guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe un autobús tanto para o desprazamento como para a visita da zona na que ten lugar a actividade. Recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado, e cada participante terá á súa disposición prismáticos e dous telescopios terrestres de alta gama para poder observar as aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle cadansúa guía.

O programa “Voando nas Rías Baixas” contempla en 2024, ademais dos catro percorridos xa realizados e este pola praia da Lanzada, outras dúas rutas ornitolóxicas por diferentes espazos da provincia de alto valor ecolóxico ou protexidos pola Rede Natura 2000: en setembro nas lagoas de Rouxique (Sanxenxo) e en novembro no esteiro do río Miño (A Guarda).

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas