A institución provincial financia o 70% da actuación, que transformará o núcleo urbano e mellorará a seguridade viaria, e o Concello o 30% restante
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar por preto de 650.000 euros o proxecto de urbanización da rúa Condesa e áreas de estacionamento en Barrantes, no Concello de Ribadumia. Para acometer esta actuación, a Deputación achega o 70% do orzamento, mentres que o Concello aporta o 30% restante.
Como explicou o presidente provincial, Luis López, esta obra abrangue un tramo duns 300 metros no treito inicial da EP-9506 que une Barrantes e Vilariño, e transformará o núcleo urbano, permitindo mellorar a seguridade viaria e a mobilidade dos veciños. En concreto, mediante a actuación modificarase o trazado da rúa da Condesa e instalaranse beirarrúas máis amplas, de formigón coloreado. Tamén se crearán zonas de estacionamento para dar servizo aos autobuses escolares que acceden ás instalacións deportivas da contorna e construirán pasos de peóns sobreelevados para garantir a seguridade viaria.
As obras completarase coa instalación de redes de telecomunicación e de drenaxe, así como coa execución de zonas axardinadas, mobiliario urbano e nova sinalización horizontal e vertical.