A Deputación amplía o contrato dos desbroces ata os 2,4M€ para reforzar a limpeza das estradas

Redacción

A Xunta de Goberno sacou adiante unha modificación para 18 lotes dos 24 que conforman o contrato, o que suporá un aumento na prestación deste servizo en máis dun 75% do territorio cun investimento da institución de máis de 540.000€

“Esta medida permitirá incorporar máis actuacións de roza, de retirada de maleza, vexetación, matogueiras e especies arbóreas nas bernas, gabias e taludes; mellorando así a seguridade viaria e a prevención”, explicou a Voceira socialista do Goberno


A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres ampliar o contrato dos desbroces ata os 2,4M€ para reforzar a limpeza das estradas. Trátase dunha modificación para 18 lotes dos 24 que conforman o contrato, o que suporá un aumento na prestación deste servizo en máis dun 75% do territorio cun investimento da institución de máis de 540.000€. Así o explicou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión semanal celebrada esta mañá.


“Esta medida permitirá incorporar máis actuacións de roza, de retirada de maleza, vexetación, matogueiras e especies arbóreas nas bernas, gabias e taludes; mellorando así a seguridade viaria, a visibilidade nas estradas, o estado de conservación da rede provincial e a prevención de riscos contra os lumes”, explicou García Porto.
Sinalou a Deputada que a modificación responde a unha decisión da Presidenta para intensificar os traballos de limpeza e mellorar a seguridade nas marxes das estradas. Unha modificación que afecta unicamente ao aumento dos labores e o coste, pero mantén as mesmas condicións técnicas e de prestación dos contratos adxudicados.
García Porto avanzou que a idea é que os desbroces comecen nos vindeiros días, neste mes de maio, “anticipándonos ao mes de xuño”. E explicou que a previsión é que as empresas pasen dúas veces polas estradas, unha na primavera e outra no verán.

 CONCELLOSEMPRESAPREZO DO CONTRATOPREZO DA MODIFICACIÓN
Lote 1O Vicedo, Viveiro, Xove, OurolForestal Naseiro SL172.183,10 €43.045,78 €
Lote 2Burela, Cervo, Foz, O Valadouro, Alfoz do CastrodouroT.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo SL67.954,81€67.954,81 €
Lote 3Muras, Xermade, VilalbaDesbroces y Jardinería Ancares SL156.517,43 €39.129,35 €
Lote 4Barreiros, Ribadeo, Trabada, LourenzáDiego García Besteiro94.245,69 €23.561,43 €
Lote 5Mondoñedo, AbadínT.A. Os do Campo SL88.409,55 €22.102,39 €
Lote 7Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz, BegonteDiego García Besteiro112.395,69 €28.098,92 €
Lote 6A Pontenova, Riotorto, PastorizaDiego García Besteiro75.611,69 €37.805,84 €
Lote 8Castro de Rei, Pol, MeiraT.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo SL115.465,46 €28.866,37 €
Lote 10Castroverde, O CorgoHoracio Arias Alvarez94.678,00 €23.669,50 €
Lote 11FriolAgroforestal Carballés Campos SL90.023,54 €22.505,89 €
Lote 12Baleira, Baralla, LáncaraDesbroces y Jardinería Ancares SL96.026,21 €24.006,56 €
Lote 13  A Ribeira de Piquín, A FonsagradaServitec Medioambiente SL128.112,41 €32.028,10 €
Lote 14Negueira de Muñiz, Navia de SuarnaServitec Medioambiente SL113.102,55 €28.275,64 €
Lote 16Cervantes, Pedrafita do CebreiroDesbroces y Jardinería Ancares SL122.129,35 €30.532,33 €
Lote 17Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, Palas de ReiServicios Agrícolas Moure SL123.080,58 €30.770,14 €
Lote 21Chantada, CarballedoTrafober SL120.038,05 €30.009,52 €
Lote 23Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte de LemosEulen SA123.005,76 €30.751,44 €
Lote 24Pantón, SoberEulen SA128.284,20 €32.071,05 €


Comparte este artigo