A Deputación apoia un taller de defensa persoal benéfico en favor da familia de Corredoira que perdeu a súa vivenda nun incendio

adminON
Lectura mínima de 1

A Deputación de Pontevedra é, xunto o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Federación Galega de Kickboxing e MuayThai, unha das entidades colaboradoras coa HTMA Toni Garrido no desenvolvemento dun seminario de defensa persoal que se celebrará este sábado e terá un fin benéfico, xa que busca axudar á familia que perdeu a súa vivenda o pasado mes de decembro por mor dun incendio na parroquia de Corredoira (Cerdedo-Cotobade). Así o confirmou o deputado de Xuventude da institución provincial, Jorge Cubela, nun encontro celebrado no Pazo da Deputación con Toni Garrido.

En concreto, o taller desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas do sábado 27 de xaneiro, nun lugar a concretar entre a Hong Muay Thai Academy (HTMA) Toni Garrido, en Viascón, e o Pavillón Municipal de Carballedo, segundo o número de persoas que se inscriban. O donativo para participar é de 15 euros, o importe íntegro destinarase á familia cotobadesa e os interesados poden inscribirse na HTMA Toni Garrido (Bouza, 1, Viascón), no número de teléfono 679612484 ou en calquera das sedes do Concello de Cerdedo-Cotobade.

Comparte este artigo