Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Deputación apoia unha nova edición da Transgalaica, que dará comezo o...

A Deputación apoia unha nova edición da Transgalaica, que dará comezo o 25 de febreiro en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

A proba do Circuíto Galego de Maratón BTT contará cun total de cinco etapas en toda a comunidade autónoma, chegando o 24 de marzo a Silleda

A Chan de Carballedo será o vindeiro domingo 25 de febreiro o punto de partida da proba inaugural da décimo cuarta edición da proba do circuíto galego de maratón BTT Transgalaica. A proba, que conta, entre outros, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, terá ademais  outra etapa pola provincia, a terceira, concretamente en Silleda o 24 de marzo. Ademais, a Transgalaica estará composta este ano por un total de cinco carreiras, chegando así ás catro provincias. Ás de Cerdedo-Cotobade e Silleda uniranse Ames (10 de marzo), Friol (7 de abril) e Manzaneda (21 de abril).

O deputado provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentou a proba inicial xunto co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o director do Team Relay, organizador da proba, Javier Sánchez. Estímase que uns 400 participantes formen parte desta primeira carreira, na que terán que enfrontarse a un percorrido de 62 quilómetros nun circuíto de 31 km de lonxitude ao que é preciso dar dúas voltas polos montes da contorna da Chan, en Carballedo.

Dende as 8:30 horas, coa entrega de dorsais no Centro Cultural Antón Fraguas, Carballedo recibirá a deportistas e espectadores chegados de toda a xeografía galega e incluso de Asturias, Castela e León e do norte de Portugal. A saída está programada para as 9:30 horas e a proba durará aproximadamente tres horas. Tanto o deputado provincial como os organizadores fixeron unha especial mención ás comunidades de montes de Carballedo, Santa María de Sacos, San Xurxo de Sacos, Viascón, Tenorio, Rebordelo e Borela, que serán testemuña do paso dos deportistas durante toda a mañá.

O apoio ao deporte é precisamente un dos piares do actual Goberno da Deputación. En concreto, a institución provincial destina este ano 9,5 millóns de euros para fomentar o deporte na provincia, así como a apoiar a organización de eventos de primeiro nivel como a Transgalaica, ou, tamén no ámbito do ciclismo, O Gran Camiño ou o paso de La Vuelta a España pola provincia.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas