test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba o expediente para a posta en marcha de “Lecer...

A Deputación aproba o expediente para a posta en marcha de “Lecer en familia”, que cun orzamento de 300.000 € vai ofertar estancias de fin de semana en establecementos hoteleiros da provincia

- Anuncio -

Luis López: “Este programa, dirixido a familias con, polo menos, un menor ao seu cargo e con residencia na provincia, busca reforzar lazos familiares nun ambiente de convivencia”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente para contratar o servizo de execución do novo programa “Lecer en familia”, que cun orzamento máximo de licitación de 300.000 euros ofertará 2.350 prazas para desfrutar en familia de estancias de fins de semana en establecementos hoteleiros da provincia. “Este programa busca reforzar lazos familiares nun ambiente de convivencia”, explicou o presidente provincial, Luis López, que recordou que, a través deste programa, as familias con, polo menos, un menor ao seu cargo que teñan a súa residencia na provincia de Pontevedra poderán desfrutar dunha estancia de fin de semana nun balneario, talaso, spa ou similar da provincia, con aloxamento dunha noite (venres ou sábado) en réxime de media pensión.

A Deputación de Pontevedra financiará 179.000 € dos 300.000 € de orzamento máximo de licitación para a execución deste programa e o resto será cofinanciado polas persoas usuarias. En total, das 2.350 prazas ofertadas, 2.300 son de réxime xeral e estarán subvencionadas con 75 € para maiores de 16 anos; 50 € para cativos de 4 a 16 anos e ao 100% para os menores de 4 anos. As outras 50 prazas son de réxime especial, é dicir, en risco de exclusión social, e contarán cunha subvención de 130 €. O programa desenvolverase en tempada baixa e a estadía incluirá a utilización das instalacións termais un mínimo de dúas horas ao día, así como actividades de animación sociocultural infantil.

Unha vez contratada a empresa, publicaranse as bases do programa e, despois, abrirase o prazo para que as familias poidan inscribirse no programa algo que, segundo explicou o presidente provincial, está previsto para finais do verán.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Publicacións Relacionadas