Home Pontevedra Comezan os traballos de roza nos camiños municipais de Cesantes e Chapela

Comezan os traballos de roza nos camiños municipais de Cesantes e Chapela

- Anuncio -

– A empresa adxudicataria do contrato, Naturgalia, comezou a pasada semana os traballos de roza e limpeza en Cesantes. Mañá martes comezarán a limpeza e Chapela, para continuar nas próximas semanas polo resto de parroquias.

– Por primeira vez as tarefas de roza e limpeza faranse dúas veces ao ano en todos os camiños públicos de Redondela, cunha primeira fase neste mes de xuño e unha segunda roza entre setembro e novembro.

-“O obxectivo deste contrato histórico é que todos os camiños das parroquias e as súas marxes estean en perfectas condicións todo o ano”, explica a alcaldesa Diga Rivas.

Os camiños municipais lucirán en perfecto estado este verán, unha vez comezou xa a traballar a empresa adxudicataria do contrato “histórico” adxudicado polo Concello de Redondela para os traballos de roza e limpeza nas 13 parroquias. A empresa Naturgalia, responsable do servizo, comezou a pasada semana os traballos en Cesantes “para manter as estradas e camiños libres de maleza e en perfecto estado para o seu uso”. Os traballos de limpeza continúan esta semana nos camiños municipais da parroquia de Cesantes, na zona da Pantalla e o Coto. Mañá martes comezarán as rozas en Chapela, tanto na Senda Verde como na subida ao novo colexio Igrexa e barrio Cidadelle. Logo continuarán polo resto das parroquias do municipio. Os traballos permitirán tamén cumprir coa normativa de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Por primeira vez as tarefas de roza e limpeza faranse dúas veces ao ano en todos os camiños públicos de Redondela, cunha primeira fase neste mes de xuño e unha segunda roza entre setembro e novembro. “O obxectivo deste contrato histórico é que todos os camiños das parroquias e as súas marxes estean en perfectas condicións todo o ano”, explica a alcaldesa Diga Rivas. Trátase dunha “aposta decidida” da rexedora local “pola mellora da calidade de vida nas parroquias” cun servizo de limpeza que se foi ampliando e mellorando nos últimos anos.

O contrato, por dous anos, licitouse por un importe de 989.268 euros. O contrato podería prorrogarse dous anos máis, de xeito anual, ata un importe máximo de 1.978.536 euros para os catro anos.

Os traballos deixarán os camiños e as súas marxes despexados, rozados e limpos, o que inclúe a maleza, herbas e arbustos tanto nos camiños como nas beiravías e noiros. Retirarase todo o lixo acumulado nas beiravías e gabias para permitir unha boa evacuación da auga, o que evitará atascos e facilitará a evacuación da auga da chuvia. Desperdicios como bolsas plásticas, papeis, latas ou botellas que se atopen durante os labores de limpeza tamén están a ser retirados. Naturgalia tamén se encarga da recollida e transporte de todo o material procedente das rozas e limpezas, así como a súa clasificación, xestión e tratamento segundo a normativa medioambiental.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas