– A Presidenta provincial anunciou o inicio destas tarefas en varios concellos, e que este ano, “intensificamos para reforzar a limpeza das marxes na rede viaria provincial, polo que na maioría dos concellos actuarase dúas veces supoñendo un aumento na prestación do servizo superior ao 75%”
– A campaña dará prioridade agora no inicio ás zonas de praias, “onde se concentra unha maior afluencia de tráfico e visitantes durante o verán, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e reforzar a prevención nos puntos de maior tránsito”, subliñou
– Estes traballos, que se desenvolven de forma simultánea nas diferentes zonas de conservación, realizaranse coa maior axilidade nos 4.200 quilómetros de vías provinciais, “a pasada semana aprobamos en Xunta de Goberno a modificación do contrato, e xa estamos a traballar para dar unha resposta inmediata”, aseverou López
A Deputación de Lugo iniciou este martes a campaña de desbroce e limpeza das marxes da rede viaria provincial, cun investimento de 2,4M€ destinados a mellorar a seguridade e garantir a conservación nos máis de 4.200 quilómetros de estradas que ten a institución provincial, a rede de estradas máis extensa de España.
A Presidenta da Deputación Lugo, Carmela López, anunciou o inicio desta tarefas e destacou o reforzo do dispositivo deste ano para o que, “intensificamos as actuacións de limpeza das marxes da rede viaria provincial, polo que na maioría dos concellos se intervirá dúas veces, o que supón un incremento superior ao 75 % na prestación do servizo”.
Este reforzo do Plan de Roza provincial permitirá incorporar máis actuacións de retirada de maleza, vexetación, matogueiras e especies arbóreas nas bernas, gabias e taludes; mellorando así a seguridade viaria, a visibilidade nas estradas, o estado de conservación da rede provincial e a prevención de riscos contra os lumes.
A campaña prioriza agora no seu inicio especialmente as zonas de praias, onde se concentra unha maior afluencia de tráfico e visitantes durante o verán. Neste sentido, Carmela López apuntou que o obxectivo “é garantir a seguridade viaria e reforzar a prevención nos puntos de maior tránsito”.
Nestes momentos, as empresas de conservación están a traballar en concellos como Láncara, O Vicedo, Portomarín, Guitiriz, Barreiros, Burela e Cervo, entre outros. O dispositivo está organizado en 24 zonas, que abranguen toda a rede viaria provincial e permiten executar os traballos de forma coordinada e simultánea en distintos puntos da provincia.
A Presidenta lembrou que o contrato foi modificado na pasada Xunta de Goberno cun incremento de 540.000 euros e que xa se atopa en execución. “Comezamos a campaña antes do mes de xuño e xa estamos a traballar para dar unha resposta inmediata”, recalcou a mandataria provincial.
Así mesmo, engadiu López que “a previsión é que cada estrada reciba dúas intervencións, unha na primavera e outra no verán, co obxectivo de reforzar o mantemento da rede viaria durante toda a campaña estival”.
As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes:
– Zona 1: O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
– Zona 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.
– Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
– Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
– Zona 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
– Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
– Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
– Zona 9: Lugo e Guntín.
– Zona 10: Castroverde e O Corgo.
– Zona 11: Friol.
– Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
– Zona 13: Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.
– Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 15: Becerreá e As Nogais.
– Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
– Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.
– Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
– Zona 20: Taboada e O Saviñao.
– Zona 21: Chantada e Carballedo.
– Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
– Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
– Zona 24: Pantón e Sober.

