Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación celebra este venres dúas actividades participativas centradas na cultura mariñeira...

A Deputación celebra este venres dúas actividades participativas centradas na cultura mariñeira e relacionadas coas exposicións do Museo de Pontevedra

- Anuncio -

O patrón maior de Bueu ofrece unha charla didáctica sobre aparellos de pesca e as redeiras da Guarda unha charla e obradoiro de iniciación ao atado de redes de pesca

O Museo publica o catálogo da exposición ‘José Benito Otero. Un pintor sen pinceis’, que xa se pode adquirir no Edificio Castelao

O Museo de Pontevedra organiza este venres 10 de xaneiro dúas actividades que tratan de achegar o público ás peculiaridades da cultura mariñeira, moi presente na proposta expositiva actual a través das mostras ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’ e ‘Infiltracións. Alberto Baraya. Vento’. Será unha charla didáctica sobre aparellos de pesca e unha charla e obradoiro sobre a arte das redeiras e iniciación ao atado de redes de pesca.

A charla didáctica “A mensaxe dos aparellos de pesca” celebrarase o venres ás 17:00 horas, con acceso libre. Como colofón á exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Bueu, José Manuel Rosas Otero, ofrece unha charla para todos os públicos sobre as artes de pesca e a súa evolución a través da cultura mariñeira galega.

Unha hora máis tarde, ás 18:00 horas, a artesá Amalia Puga e a Asociación de Redeiras Atalaia da Guarda, que forman o Proxecto Bolina, explicarán as claves do seu oficio e introducirán as persoas asistentes no proceso de creación de redes de pesca e nas bases do atado aplicado a pezas de decoración. Esta é unha actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos, con inscrición previa a través do correo electrónico reservas.museo@depo.gal.

A actividade comeza cunha pequena charla de introdución á arte de atar redes de pesca, coa explicación das ferramentas, os tipos de arte de pesca e a súa evolución ata hoxe. Despois, as persoas asistentes aprenderán as bases do atado de redes. Cada participante contará cun kit para confeccionar, paso a paso, un prato inspirado no deseño das bandexas Patela.

Catálogo da exposición

Por outra banda, o Museo vén de publicar o catálogo dunha das dúas mostras citadas: ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’. O volume conta con tres textos que analizan a obra e a figura do pintor de Bueu: a cargo de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez, comisaria da exposición, Arturo Cidrás e Xaime Toxo. Inclúe ademais unha cronobiografía e o catálogo de pezas exhibidas, que se completa con imaxes doutras obras do artista. O libro, en edición bilingüe galego-castelán, pode adquirirse xa no Edificio Castelao, cun prezo de 15 euros.

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas e o...

0
COGAMI vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo....

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

O Porriño reunirá a 16 agrupacións no tradicional Certame de Rondallas

0
● Será o domingo 12 de xaneiro a partir das 17:30 h no pavillón municipal Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu...

O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

0
Estará situada o luns 13 de xaneiro na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h O Rosal comeza...

Publicacións Relacionadas