Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación concede 20.000 euros ao Concello de Lalín para mellorar o...

A Deputación concede 20.000 euros ao Concello de Lalín para mellorar o pavimento da pista de atletismo do estadio Manuel Anxo Cortizo

- Anuncio -

A estes recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outros 50.000 euros do mesmo plan para a mellora do Lalín Arena

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas mobilizou xa preto de 1,4 millóns de euros entre 23 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de 20.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Lalín, que lle permitirá instalar pavimento sintético na pista de atletismo do estadio Manuel Anxo Cortizo. En total, o Concello de Lalín xa recibiu 70.000 euros para renovar infraestruturas deportivas municipais ao abeiro deste Plan, xa que aos recursos que acaban de ser comprometidos hai que engadir outros 50.000 euros destinados a diferentes actuacións no Lalín Arena.

O Concello de Lalín dedicará esta nova achega de 20.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas a adquirir un tartán para as actividades de salto en altura con pértega, así como para colocar o caixón para apoio da pértega para a pista de atletismo do Manuel Anxo Cortizo. O tartán, cunha superficie aproximada de 426 m2, estará certificado pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAFF), e o apoio da pértega estará fabricado con pranchas de aceiro e composto de caixón e tapa, cumprindo tamén as medidas coas da homologación da IAFF.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento preto de 1,4 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de para Lalín para A Cañiza, A Estrada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Marín, Meis, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo espalla a música e os xogos tradicionais...

0
A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo participa mañá en Bande no primeiro Encontro de Cantos de Nadal da localidade; o 28 de decembro actuará...

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Publicacións Relacionadas